Cruceiros

 

Os cruceiros constitúen un dos elementos etnográficos de carácter relixioso máis populares e representativos da terra galega. Os seus comezos, remóntanse sete séculos atrás. Por aquel entón, os canteiros de maior recoñecemento traballaban na elaboración destes símbolos para que os pobos puideran cumprir un obxectivo determinado. As principais motivacións que levaban ao emprazamento de cruceiros eran a sacralización de lugares pagáns e sucesos, expresar fe e amor fronte aos temores, a petición de milagres, saldar ofrecementos non cumpridos, marcar lindes, lembrar feitos como unha morte sinalada ou un asasinato, a protección de gando e colleitas e rexistrar unha aparición da coñecida Santa Compaña.

Convidámosche a coñecer os cruceiros de Cee!


TurismoCee