Subv. IN422O – Proxectos de enerxías renovables térmicas nos diferentes sectores da economía.

O Concello de Cee resultou beneficiario dunha subvención para a instalación dunha bomba de calor no edificio da piscina municipal, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

A actuación encádrase na tipoloxía de aerotermia e ten como obxectivo reducir o consumo de combustibles fósiles, mellorar a eficiencia enerxética e diminuír o impacto ambiental da instalación.

Para iso, instalarase unha bomba de calor aire-auga CLIMAVENETA modelo NX-Q-G06 / SL 0604, de catro tubos, cunha potencia frigorífica de 136,9 kW e unha potencia calorífica de 148,8 kW, equipada con dous grupos hidráulicos independentes (frío e calor).

A produción de calor destinarase a un depósito de inercia de 2.000 litros, desde o cal se alimentará un novo colector de distribución con cinco circuítos:

  • Climatización de vestiarios e deshumectadora

  • Produción de ACS

  • Prequecemento de ACS

  • Quentamento da piscina

  • Alimentación ao colector da caldeira de gasóleo

Cada circuíto contará cunha nova bomba de circulación.

Ademais, quedará preparada unha preinstalación de frío cun depósito de inercia de 2.000 litros e un colector para un futuro abastecemento de tres salas de actividades.

A nova bomba de calor estará deseñada para cubrir os servizos de calefacción, auga quente sanitaria (ACS), quentamento da piscina e unha futura refrigeración.

 

 

 

Deixa un comentario