Igrexa de San Xián da Pereiriña

Igrexa situada na parroquia da Pereiriña nun promontorio natural que domina o val. O máis destacado do exterior é a presenza de contrafortes na esquina do muro. A fachada segue un patrón pentagonal con grandes perpiaños de granito. Denota claras influencias das grandes construcións de Compostela. A torre, de estilo ecléctico, do século XIX, coroa esta fachada. O retablo maior é neoclásico, presenta un expositor coa imaxe do santo. As capelas da nave do cruceiro, no lado sur, están dedicadas a Santo Cristo e a do norte a Santo Antonio. Posúe dous retablos barrocos idénticos que se corresponden coa interpretación que fixo un mestre local dos grandes retablos composteláns.