Instrucións Xerais no Servizo da Escola de Música 2022/2023
Este curso 2022-2023 a Escola de música abrirá de novo as súas portas para acoller a todos aqueles que desexen estudiar acordeón, clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba ou violín.
Dentro da Escola poderás formar parte de todos os grupos que conviven nela: Banda de Música, grupo de vento metal, grupo de acordeóns, grupo folk, minibanda e banda de gaitas.
Renovación de matrícula.
O prazo de renovación de matrícula para os alumnos/as que están cursando estudos neste curso 2021/2022, comprende o período do 6 ao 30 de xuño. De non renovar a matrícula neste período, as súas prazas pasarán a formar parte da oferta de prazas vacantes que se ofrecerán a aquelas persoas que se matriculen por primeira vez na Escola.
Alumnos de novo ingreso.
Prazo para a reserva de prazas vacantes dende o 11 de xullo ata o 29 de xullo. Para a súa adxudicación terase en conta a orde de entrada das solicitudes.
Prazo de matrícula alumnos/as de novo ingreso:
Do 8 de agosto ata o 9 de setembro.
Unha vez transcurrido o prazo de matriculación, todas aquelas persoas que non formalizaran a mesma, perderán todos os seus dereitos como alumnos/as e pasarán, en caso de solicitado, á lista de espera do seu curso e materia correspondente.
Decreto de apertura de Inscrición
Impreso Renovación Escola de Música. Curso 2022 – 2023
ACTUALIZADO 08/07/2022
Impreso Reserva de Praza Alumnos de Novo Ingreso. Escola de Música. Curso 2022 – 2023
Aviso Alumnos/as de novo ingreso e listado de prazas vacantes
O prazo para reservar algunha destas prazas vacantes comprenderá desde o 11 ata o 29 de xullo, e farase no Rexistro Xeral do Concello.
– Publicación da lista de admitidos de novo ingreso e prazo para matricularse:
Finalizado o período de reserva, publicarase no taboleiro de anuncios da Escola de Música o listado de alumnos/as admitidos que terán do 8 de agosto ata o 9 de setembro para facer efectiva a súa matrícula no Rexistro
Xeral do Concello.
Hola quería saber como teño que facer para presentar a solicitud da plaza para o meu neno? Moitas gracias
Bo día,
Ten que cubrir o impreso "Impreso Reserva de Praza Alumnos de Novo Ingreso. Curso 2022 – 2023" que se atopa na propia noticia e pode presentalo no Rexistro Municipal do Concello de luns a venres de 9 a 13.30 ou presentalo por sede electrónica do concello de Cee como documento anexo á Solicitude Xeral.
Buenos días quería saber los horarios de las clases de piano, y si las hay también para adultos… Gracias
Buenos días, me gustaría saber si quedan disponibles clases de música y baile para peques de 9años.
Muchísimas gracias y bendiciones