Podes consultar aquí todas as actividades:
X CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CEE
• Destinatarios: a partir dos 3 anos (nados no 2022 e anteriores).
• Día: sábado 5 de xullo.
• Horarios, categorías e distancias:
HORA | CATEGORÍA | DISTANCIAS |
---|---|---|
20.00 horas | PITUFO | 400 m. |
20.10 horas | SUB 10 | 1.200 m. |
20.25 horas | SUB 12 | 1.200 m. |
20.40 horas | SENIOR 3K | 3.100 m. |
20.42 horas | SUB 14-16-18 | 3.100 m. |
21.10 horas | SENIOR 10K, (SUB 20-23, SENIOR, MASTER 1-2-3-4) | 9.300 m. |
• Itinerario: núcleo urbano da vila.
• Inscrición: na web www.correndopolacostadamorte.com, ata o martes 1 de xullo ás 23:59 horas.
• Mais información: na web municipal www.cee.gal, no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 7)
X DÍA DO DEPORTE NA RÚA
Xornada lúdica e festiva na que os clubs deportivos da vila sacan ás rúas de Cee as actividades que desenvolven ao longo de todo o ano no concello,
baloncesto, atletismo, fútbol, fútbol sala, deportes de contacto, taekwondo, baile deportivo, tenis de mesa, kick boxing, etc … serán algunhas das disciplinas deportivas que se poderán practicar.
• Destinatarios: toda a poboación.
• Día: sábado 19 de xullo.
• Horario: das 11:30 ás 14:00 horas.
• Localizacións: praza 8 de Marzo, rúa Domingo Antonio de Andrade e praza da Constitución.
• Inscrición: gratuíta.
• Mais información: na web municipal www.cee.gal, no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 7)
XXII DÍA DA BICICLETA CONCELLO DE CEE

As bicicletas percorrerán o concello de Cee grazas á colaboración do Club Ciclista Cee.
A finalidade deste evento non é outro que estimular o uso da bicicleta como medio de locomoción alternativo, ademais de ser beneficioso para a saúde e respectuoso co medio ambiente.
• Destinatarios: a partir dos 4 anos de idade (nados no 2021 e anteriores).
Aviso: o uso do casco é obrigatorio.
• Día: sábado 2 de agosto
• Horario: as 11.00 h.
• Distancia do itinerario: 13 km.
• Lugar de saída: Praza 8 de marzo (Praza da muller)
• Inscrición gratuíta: na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar) ata o xoves 31 de xullo ás 14.00 h.
• Mais información: no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 7)
II TORNEO DE BALONCESTO 3X3
Segunda edición do torneo basket 3×3 organizado polo club local de baloncesto “A.C.B. Costa da Morte”, coa colaboración do Concello de Cee.
Tamén haberá un concurso de triplas.
• Destinatarios: categorías infantil, xuvenil e absoluta (mixtas)
• Día: sábado 2 de agosto.
• Instalacións e horarios:
FASE DE GRUPOS (Pavillón Municipal de Cee das 10:00 ás 14:00 h.)
FASE FINAL (Pavillón Municipal de Cee das 18:00 ás 23:45 h.)
• Inscricións e máis información: no teléfono 658.696.259 ou ben no email acbcostadamorte@hotmail.com
VII CAMPUS DE FÚTBOL SALA “CENTRO COMERCIAL FINIS TERRAE” F.S.F. VILLA DE CEE 2024
Organizado polo club local de fútbol sala “F.S.F. Villa de Cee”.
Os participantes desfrutarán de: merenda ao mediodía, unha camiseta e unha sesión gratuíta Cines Xunqueira o sábado 1 de xullo.
• Destinatarios: nenos e nenas de 6 a 13 anos. (2012 – 2019)
• Días: do 23 de xuño ao 28 de xuño (sábado horario especial sesión cine Centro Comercial Finis Terrae).
• Horario: das 10.00 ás 13:00 horas.
• Instalación: Pavillón Municipal de Cee.
• Inscrición:ata o xoves 19 de xuño no whatsapp do club teléfono 679.012.595
• Máis información: na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar), no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 3).
DEPORCAMPUS RC DEPORTIVO CEE VERÁN 2022

Campus de fútbol organizado pola “Fundación RC Deportivo” e impartido por adestradores do Real Club Deportivo.
Esta actividade, que conta coa colaboración da S.R.D. Unión Club Cee, inclúe unha equipación deportiva, almorzo, diploma, sorteo de agasallos e merenda individual.
• Destinatarios: nenos e nenas de 6 a 14 anos.
• Días: do 30 de xuño ao 4 de xullo.
• Horario: das 10:00 ás 14:00 horas. Dende ás 9:30 h. os adestradores recibirán aos participantes na instalación.
• Instalación: Estadio Municipal de Fútbol S. Paio de Refoxos Cee.
• Inscrición:https://deporcampus.rcdeportivo.es/es/cee-2025/inicio
A data e hora límite de inscrición será o 24 de xuño ás 14.00 h.
• Mais información: no email deporcampus@rcdeportivo.es
CAMPUS DE ATLETISMO “ASOCIACIÓN DEPORTIVA OLIMPIA” CEE VERÁN 2025
Organizado polo club local de atletismo “Asociación Deportiva Olimpia”, coa colaboración do Concello de Cee.
• Destinatarios: nenos e nenas de 7 a 17 anos (nados 2018- 2008).
• Días: do luns 25 ao venres 29 de agosto.
• Horario: das 11:00 ás 12:30 horas.
• Instalación: Estadio Municipal de Fútbol San Paio de Refoxos (pista de atletismo)
• Inscricións e máis información: nos teléfonos 627.183.915 – 695.193.463 ou ben no email adolimpiadecee@gmail.com
XVI CAMPUS DE BALONCESTO “A.C.B. COSTA DA MORTE” CEE VERÁN 2025

Campus de baloncesto organizado polo club local de baloncesto “A.C.B. Costa da Morte”. Nesta actividade traballaranse dun xeito lúdico e divertido os fundamentos técnicos do baloncesto: movemento de mans e pés de forma equilibrada, o pase, a recepción do balón, o bote, o tiro a canastra, os principios básicos da defensa e o ataque,…
•Destinatarios: rapaces e rapazas de 5 a 17 anos.
•Xullo e agosto
• Grupos, horarios e prezos:
Turno 1 (nados 2008-2013): luns, mércores e venres das 09:30 ás 13:30 horas.
Turno 2 (nados 2014-2020): martes e xoves das 09:30 ás 13:30 horas. • Instalación:Pavillón Municipal de Cee.
• Inscrición e máis información: inscricións ata o 20 de xuño no email do club acbcostadamorte@hotmail.com, ou no teléfono 658.696.259
CAMPUS DE FÚTBOL“S.R.D. UNIÓN CLUB CEE” VERÁN 2025
Actividades organizadas polo club local de fútbol “S.R.D. Unión Club Cee” durante o mes de xullo, no Estadio Municipal de Fútbol S. Paio de Refoxos de Cee.
CAMPUS DE TÉCNIFICACIÓN (do 7 de xullo ao 1 de agosto)
• Destinatarios: nenos e nenas de 4 a 14 anos.
• Grupos, días e horarios:
Grupo 1 (nados entre 2011-2016): luns, mércores e venres das 10:00 ás 11:30 horas.
Grupo 2 (nados entre 2017-2021): luns, mércores e venres das 11:30 ás 13:00 horas.
• Inscrición e mais información: A partir do 4 de xuño no teléfono 658.973.844 (Abraham) ou ben no correo electrónico unionclubcee@gmail.com
CAMPAMENTO FÚTBOL FEMININO (do 8 ao 31 de xullo)
ESCOLA DE VERÁN “CLUB CEE DEPORTES DE CONTACTO” VERÁN 2025
Escola organizada polo “Club Cee deportes de Contacto”. O taekwon-do ITF e kick boxing serán as disciplinas que se desenvolverán nesta escola deportiva.
•Destinatarios: nenos e nenas a partir dos 4 anos de idade.
• Días: luns, mércores e venres (durante os meses de xullo e agosto).
• Grupos e horarios:
Grupo 1 (a partir dos 16 anos): das 10:00 ás 11:30 horas.
Grupo 2 (de 9 a 15 anos): das 11:30 ás 12:30 horas.
Grupo 3 (de 4 a 8 anos): das 12:30 ás 13:30 horas.
• Instalación: Pavillón Municipal de Brens.
• Inscrición e máis información: no teléfono do club 661.910.234 ou ben no email clubceedc@hotmail.es
III CAMPUS DE TENIS DE MESA “A.D. ZAS” CEE VERÁN 2025
Organizado polo club de tenis de mesa “Agrupación Deportiva Zas”.
Coa intención de promocionar a práctica desta disciplina deportiva, desenvolverase dun xeito lúdico-recreativo aspectos técnico-tácticos para entender o tenis de mesa, tipos de golpes, regras principais, postura entre outros.
• Destinatarios: nenos e nenas a partir dos 7 anos.
• Días: luns e mércores.
• Datas: do 7 de xullo ao 27 de agosto
• Horarios: das 11:00 ás 13:00 horas.
• Instalación: Pavillón Municipal de Cee.
• Inscrición gratuíta: no teléfono do club 653.336.768 (A.D. Zas) ou na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar), no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 7)
CAMPUS MULTIDEPORTE “PISCINA MUNICIPAL DE CEE” VERÁN 2025
Piscina, excursións, inchables, deportes de loita, clases dirixidas, obradoiros de manualidades, etc.
• Destinatarios: nenos e nenas de 4 a 10 anos.
• Datas: do 1 ao 14 de xullo.
• Horarios: das 10:00 ás 14:00 horas.
• Instalacións: complexo deportivo da Piscina Municipal de Cee.
• Prezos:
72,09 € (ABONADOS)
144,18 € (NON ABONADOS)
• Máis información: na recepción da piscina, chamando aos teléfonos 981.745201 – 648.017.280 ou ben no email info@viraxes.com
CAMPUS DE VERÁN “CLUB ARTE E MOVEMENTO” 2025
Actividades organizadas polo club local “Club Arte e Movemento” durante os meses de xullo e agosto.
POBOACIÓN INFANTIL (nenos e nenas de 5 a 16 anos)
CAMPUS BAILE DEPORTIVO
POBOACIÓN ADULTA (a partir dos 16 anos)
INTENSIVO BACHATA
LADY STYLE
Inscrición e mais información (horarios, idades, grupos,…): no teléfono 607.323.391 ou info@arteemovemento.com
CAMPUS DE KICK BOXING “CLUB DEPORTIVO DAFIT” CEE VERÁN 2025

Campus organizado polo “Club Deportivo Dafit”, coa colaboración do Concello de Cee.
O kick boxing é a disciplina que se desenvolverá neste campus a partir do 26 de xuño.
KICK BOXING
Grupo infantil (menores de 14 anos): Luns e mércores das 12:00 ás 12:45 horas.
Grupo +14 anos e adultos: martes e xoves das 20:30 ás 21:45 horas.
• Instalación: DAFIT Centro de Entrenamiento.
• Inscrición e máis información: no teléfono do club 620.719.896 ou ben no email clubdeportivodafit@gmail.com
CAMPUS DE VERÁN «CLUB TAEKWONDO JUAN CEE» 2024
Actividades organizadas polo «Club Taekwondo Juan Cee» durante os meses de xullo e agosto
Taekwondo
Martes e xoves
- Horarios: 11.00 – 12.00 h. / 12.00 h. – 13.00 h. / 20.00 – 21.00 h. / 21.00 – 22.00 h
Acrobacias
Mércores
- Horarios: 11.00 – 12.00 h. / 12.00 h. – 13.00 h.
Inscrición e mais información no teléfono 661.910.411 e Instagram. taekwondo_juan