ACTUALIZADO 08/09/2023: CEEDIÑO. Servizo de apoio ás familias madrugadoras no CEIP Vila de Cee

O Concello de Cee, dende a Concellaría de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller poñen en marcha no CEIP Vila de Cee o servizo municipal de madrugadores «CEEDIÑO».

Será a partir do mes de setembro, coincidindo coa arranque do curso escolar. Os interesados poden entregar as solicitudes no concello dende o 1 de agosto ata o 14 de agosto de 2023.

PERSOAS BENEFICIARIAS

O programa está dirixido a familias con menores escolarizados no CEIP Vila de Cee que estean a realizar o segundo ciclo de educación infantil ou educación primaria e que cumpran os requisitos desta convocatoria.

a) Usuario/a fixo/a. Será a persoa que se matricule e utilice o servizo de luns a venres, independentemente de que o utilice todos os días ou días concretos.

En caso dunha utilización do servizo distinta aos 5 días da semana, os días de utilización deberán ser días concretos previamente sinalados e solicitados mediante escrito motivado presentado con antelación de 7 días hábiles.
O Concello poderá negarse no caso de que as solicitudes de cambios na utilización do servizo supoñan problemas para a organización do mesmo, ou orixine problemas de compatibilidade no uso do servizo por parte dos/as outros usuarios/as.

b) Usuario/a ocasional. Será aquela persoa que non está matriculada como usuario/a fixo/a no servizo e que, habendo praza, desexe utilizar o servizo en días soltos de forma ocasional por motivos de conciliación que deberán ser solicitados e xustificados polo menos con 24 horas de antelación á utilización do servizo. O Concello deberá valorar estas solicitudes podendo negarse no caso de que a causa non o xustifique, non se demostre, non obedeza a unha ocasionalidade, o que proceda sexa a utilización do servizo na súa modalidade de usuario/a fixo/a, ou no caso de non haber prazas para usuarios/as ocasionais dispoñibles.

NÚMERO DE PRAZAS

O número de prazas será limitado a 25 prazas.
Existe, a maiores, 1 praza para familias que o precisen de xeito ocasional por motivos de conciliación puntuais que deberán ser xustificados

HORARIO

O programa desenvolverase ao longo do ano nos períodos lectivos coincidindo co curso escolar.
O horario da actividade será de 7.30 a 9.30 horas, establecendo 4 momentos de recepción do alumnado.

PREZOS

As cotas pola prestación deste servizo aplicaranse conforme ao previsto no Prezo Público pola asistencia ao Programa de Servizo de Madrugadores/as.

Prazas ordinarias (fixo/a)

RENDA PER CÁPITA MENSUAL PREZO
Inferior ou igual a 200€ : 5€/mes
Superior ou igual a 500€:  20€/mes
Superior a 500€ e inferior ou igual a 1.000€:  30€/mes
Superior a 1.000€ e inferior ou igual a 2.000€:  40€/mes
Superior a 2.000€: 54,40€/mes

Prazas extraordinarias (ocasional)

Precio por día solto: 5€

ACTUALIZADO 23/08/2023

Anuncio listas admitidos, puntuacion e cota mesual. SI436A 2023 Programa Ceediño/Madrugadores

ACTUALIZADO 04/09/2023

Anuncio listas definitiva de admitidos, excluidos e baremación.SI436A 2023 Programa Ceediño/Madrugadores

ACTUALIZADO 05/09/2023

Publicación decreto aprobación listas definitivas e apertura de novo prazo para cobertura de vacantes.

Programa CEEDIÑO Familias madrugadoras

DOCUMENTOS

Inscrición no Servizo de Madrugadores

Formulario de Inscrición

Anexo II. Declaración Responsable 

Anexo II. Declaración Responsable

Baixa no Servizo de Madrugadores

Formulario de Baixa no Servizo de Madrugadores

Bases do Servizo de Madrugadores

Bases do Servizo de Madrugadores

 

 

Deja un comentario

TurismoCee