SERVIZO DE RECOLLIDA DE ACEITE DE COCIÑA USADO A DOMICILIO.
O concello de Cee implanta o servizo de recollida a domicilio de aceite de cociña usado. O método a seguir será moi cómodo para os usuarios, xa que será un servizo de recollida porta a porta cada catro meses.
A empresa adxudicataria do servizo comeza co reparto de bidóns no día de hoxe, comeza polos lugares de Vilanova, Codesos, Morancelle, Lobelos, ata a rotonda do Lar, continuando nos próximos días polos lugares de Bermún, Pereira, ata Lires.
A empresa encargada de xestionar o servizo é RGR Sostenible, S.L., o servizo non ten ningún custe para os veciños, autofinánciase coa recollida.
Nos próximos días habilitarase un punto de recollida de bidóns no que cada veciño pode pasar a recoller o seu bidón sen agardar a que a empresa encargada pase pola súa vivenda.
Habilítase ademais un punto de recollida de bidóns na 3ª planta da Casa de Cultura de Cee (Biblioteca Pública Municipal «Francisco Mayán»). A partir do venres 30 de decembro en horario de luns a venres de 9.30 h. a 13.30 h. e de 16.30 h. a 19.30 h.