TALLERES DE TEATRO

FUNDAMENTACIÓN

En primeiro lugar esta actividade pretende dotar á vila de Cee dunha oferta de lecer e de espazo de relación para os meses do verán e  para darlle a oportunidade a novos usuarios de achegarse ao mundo teatral. Desde o punto de vista teatral,  realizarase un achegamento sempre desde un punto de vista lúdico e entre os obxectivos atópanse:

⦁ Desenvolver a expresión verbal e corporal

⦁ Estimular a creatividade

⦁ Conectar coa  contorna e xestionar as emocións

⦁ Potenciar a capacidade crítica e reflexiva

⦁ Incrementar a autoconfianza e o respecto na relación con outras persoas

DESTINATARIOS

Realizaranse 5 grupos. O número máximo de participantes por grupo é de 12 persoas.

DISTRIBUCIÓN GRUPOS: (grupos infantís: Toño Casais; grupo adultos: Artur Trillo)

⦁ Nados no 2014, 2013 e 2012: Luns e Mércores de 11:00 a 13:00 (3, 5, 10, 12, 17, 19, 24 e 26 de agosto)

⦁ Nados no 2011, 2010 e 2009: Martes e Xoves de 11:00 a 13:00 (4, 6, 11, 13, 18, 20, 25 e 27 de agosto)

⦁ Nados no 2008, 2007 e 2006: Luns e Mércores de 20:00 a 22:00 (3, 5, 10, 12, 17, 19, 24 e 26 de agosto)

⦁ Nados no 2005, 2004 e 2003: Martes e Xoves de 20:00 a 22:00 (4, 6, 11, 13, 18, 20, 25 e 27 de agosto)

⦁ Grupo de adultos: todos os luns de setembro a partir das 20.00 h.

CONTIDOS

 TALLER DE INTERPRETACIÓN

-Improvisación.

-Creación de personaxes

-Análise e traballo de texto. (sempre escenas pequenas)

MONOGRÁFICOS

-Baile e expresión corporal

-Deseño e creación de vestiario. (sempre a partir de materiais tipo papel, cartón e refugallo que un atope na súa casa)

-De audiovisual

-Maquillaxe teatral

Deja un comentario

TurismoCee