Bases contratación peón condutor e tres peóns
Aprobadas por resolución de alcaldía de data 28/07/2016 as bases que rexerán a convocatoria e o proceso de selección en réxime laboral temporal dun PEÓN CONDUTOR E TRES PEÓNS integrantes da BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS, segundo se establece no punto cinco: presentación de instancias:
as solicitudes de participación no proceso presentaranse no Rexistro Xeral Municipal, entre o 29 de xullo e o 3 de agosto de 2016, ámbolos dous incluídos.
As instancias tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro.
Non obstante, neste último caso, deberá anticiparse a presentación da solicitude de participación, a través de calquera medio que permita deixar constancia (fax, telegrama etc…) que deberá ter entrada no rexistro do Concello antes de que remate o prazo e hora fixados como o último día para a presentación de solicitudes.
Bases contratación capataz
Aprobadas por resolución de alcaldía de data 28/07/2016 as bases que rexerán a convocatoria e o proceso de selección en réxime laboral temporal dun CAPATAZ integrante da BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS, segundo se establece no punto cinco: presentación de instancias: