Actualizado 12/05/2023: CONCURSOS BIBLIOTECA MUNICIPAL 2023

Carta presentación concursos Biblioteca Municipal 2023.

A Biblioteca, conxuntamente coa Corporación municipal, tenta realizar dun xeito permanente unha animación cultural que afonde no ámbito cultural do noso Concello e comarca. Así é como a Biblioteca e a Concellería de Deportes, Cultura, Festexos e Turismo volven, un ano máis, convocar estes premios, co único fin de animar aos nenos a ocupar o lecer na creación literaria e, deste xeito, fomentar o hábito da lectura.

É motivo de satisfacción persoal lembrar que este ano o concurso de “Achegamento ao Libro” chega a súa trinta e dúas edición, e aproveito a ocasión para amosar o meu máis sincero agradecemento a todos os rapaces e rapazas que ano tras ano participan nestes concursos, e que a día de hoxe son xa 7.838 os traballos presentados aos diferentes certames, xa que son eles os verdadeiros artífices e protagonistas destes concursos e a razón de ser dos mesmos.

Na procura do noso marcapáxinas

Así mesmo, queremos facer público o noso agradecemento á Imprenta Paco de Cee por facer gratuitamente os nosos marcapáxinas, tal como leva facendo os últimos dezaseis anos. Agradecemento que tamén queremos facer extensible este ano a Guadalupe Vázquez Formoso, por doar 34 exemplares da súa obra “Voa, Saltarín ata a Fin da Terra”, libros que serán entregados aos gañadores e concursantes que acaden accésits nos diferentes concursos.

Ao igual que en anos anteriores, destacar que nesta edición tan só poderán participar os alumno/as de Educación Primaria, subindo a dotación económica dos premios en 20 e 10 euros nas categorías de 1ª e 2ª de Primaria e 3º e 4º de Primaria respectivamente; por outra banda, temos que advertir que as bases foron modificadas fai cinco anos, respecto das de anteriores convocatorias, debido a cuestións de carácter administrativo, e por ese motivo unha vez máis volvo a pedir a todos os participantes a obriga de cumprimento coas bases dos diferentes concursos, facendo fincapé coas que fan referencia á presentación dos traballos, que din :

5.- Os traballos presentaranse de forma individual ou por aula en sobre pechado, figurando no seu exterior a mención “XXXII Concurso Achegamento ó Libro” ou no seu caso “XIX Concurso Na Procura do Noso Marcapáxinas”, o título da obra, pseudónimo e o curso do participante.

No seu interior, achegarase un sobre pequeno, tamén pechado, onde figuren os datos do autor/a (nome, apelidos, idade, título da obra, centro de estudos, curso, enderezo e teléfono de contacto) e o ANEXO I debidamente cuberto. ASÍ MESMO, NO CASO DE ENTREGAR OS TRABALLOS POR AULA, DÉBESE DEIXAR NO REXISTRO XERAL DO CONCELLO UNHA LISTA CO NOME DOS/AS ALUMNOS/AS PARTICIPANTES, XUNTO CO NOME DO COLEXIO, CURSO E NOME CO NÚMERO DO DNI DA PERSOA QUE FAI ENTREGA DO SOBRE COS TRABALLOS. O xurado poderá eliminar por defecto de forma as obras presentadas que non se axusten ao disposto nesta base.

6.- Os traballos deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Cee, sito no 1º andar da Casa do Concello (Rúa Domingo A. de Andrade, s/n) en horario de mañá de luns a venres de 9.30-13.30 horas, ATA O DÍA 10 DE ABRIL ou enviar por correo ordinario, antes da devandita data.

Considerando que todos os premios que convoca este ano a Biblioteca Pública Municipal son de interese para os nenos da nosa comarca, temos a ben enviarlle as bases que rexerán os ditos concursos para que sexan difundidas ó maior número posible de
rapaces.

Agradecéndolle de antemán a súa inestimable colaboración con esta actividade cultural da Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee, e sempre receptivo ás súas suxestións, envíolle un afectuoso saúdo.

José Ramón Rey Senra
Técnico da Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán”
Casa da Cultura, 3º andar. Paseo do Alcalde Pepe Sánchez, nº 9
15270 – Cee ( A Coruña)
Tfno.: 607029896 / 981745100
E-mail : cee.rbgalicia@eidolocal.es

Bases Concursos Biblioteca Municipal Francisco Mayán 2023

Bases Concursos Biblioteca Municipal Francisco Mayán 2023
Extracto Bases Concursos da Biblioteca 2023

Actualizado 12/05/2023: Decreto Premiados Concursos Biblioteca Municipal Francisco Mayán 2023

Premiados Concursos Biblioteca Municipal Francisco Mayán 2023

 

Deja un comentario

TurismoCee