Peche das bibliotecas e prórroga dos préstamos

En virtude da Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Aútonoma de Galicia, a Biblioteca Pública Municipal «Francisco Mayán» e as Axencias de lectura de Ameixenda e Brens do Concello de Cee, permanecerán pechadas, en principio, ata o 17 de febreiro.
Debido a esta anómala situación, todos os préstamos que tiñan a data de vencemento a partir do 27 de xaneiro quedan automaticamente prorrogados ata o 18 de febreiro. No caso de que a situación se alongue, procederase a adiar novamente a data de devolución. Polo que todos aqueles usuari@s que teñen libros da Biblioteca collidos en préstamo con data de vencemento a partir do 27 de xaneiro non terán ningún tipo de penalización ao devolver as obras.

Deja un comentario

TurismoCee