CEELANDIA. CENTRO DE OCIO NADAL 2023/2024

O centro de ocio CEELANDIA que consta dunha pista de xeo ecolóxico e inchables, abrirá as súas portas do 22 de decembro ao 6 de xaneiro de 2024.

Unha iniciativa levada a cabo dende a concellería de cultura en colaboración con alcaldía e coa concellería de promoción económica que aúna a promoción comercial, coa práctica do deporte e o ocio no Nadal, coa novidade da instalación dunha pista de xeo que coida ao medio ambiente.

Agredecer a colaboración do tecido económico municipal, son numerosos os comercios, hostalaría e restauración, talleres, clínicas dentais, de podoloxía, salóns de peiteado, centros de beleza, empresas de construción, aseguradoras, etc que están a participar nesta iniciativa.

Este centro de ocio abrirá o 22 de decembro e funcionará ata o 6 de xaneiro, de 11:00 h a 13:00 h. pola mañá e de 16.00 h. a 20.00 h. pola tarde, agás os días 24 e 31 de decembro que estará aberta de 16.30 a 19.30 e os días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro que estará aberta de 16.00 h. a 20.00 h.

O Pleno municipal aprobou o precio público que rexerá o funcionamento do centro de ocio. As entradas poderán adquirirse/reservarse a través da tesourería municipal ou por internet.

Deja un comentario

TurismoCee