Cee é o centro administrativo e de servizos da Comarca de Fisterra, dentro da zona coñecida como Costa da Morte, e apenas a 1 hora en coche de Santiago de Compostela ou A Coruña.
A carón do Océano Atlántico, e moi preto da terra dos romanos, atópase a vila de Cee, centro neurálxico de servicios na Costa da Morte. Situada a 94 kilómetros da cidade de A Coruña e a 74 de Santiago de Compostela, Cee é un centro de referencia na zona centro-oeste da provincia coruñesa.
Somos parte dunha comarca sen realidade administrativa coñecida como A Costa da Morte.
O territorio do Concello de Cee asómase ao mar por 3 fragmentos de costa: a ría de Lires no Noroeste, a praia de Estorde na enseada fisterrá, e desde o mesmo Cee ata a enseada do Ézaro.
O municipio ten unha superficie de 54.2 km2 nos que viven algo máis de 7500 habitantes distribuídos en 6 parroquias: A Ameixenda, Brens, Cee, Lires, A Pereiriña e Toba.
Como chegar
A forma máis cómoda de chegar até Cee é dende Santiago —a capital de Galicia— ou dende A Coruña —capital de provincia—. Ambas cidades contan con aeroporto que as conecta con varias cidades españolas e europeas.