Os servizos sociais comunitarios constitúen o punto de acceso normalizado e o primeiro nivel de intervención do sistema galego de servizos sociais que garante:
- O dereito de acceso universal ao sistema galego de servizos sociais nos termos recoñecidos no artigo 5 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia.
- A proximidade ás persoas usuarias e ás súas familias.
- O carácter integrador e coordinado de toda intervención social realizada con persoas ou grupos diversos.
- A intervención social personalizada nun contorno normalizado e, cando sexa o caso, a prescrición técnica para a derivación ao servizo social especializado máis idóneo ou a outros sistemas de protección social.
- A prevención comunitaria dos problemas sociais.
- A promoción e organización da solidariedade social na comunidade en que actúan.
Programas
En materia social ás persoas, grupos ou á comunidade en xeral, que se desenvolverá en todas as entidades locais titulares de servizos sociais comunitarios de Galicia.
Ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu medio habitual, especialmente naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía ou noutras situacións de risco social para as cales resulte un recurso idóneo.
Integra o conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo e psicosocial dirixidos ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situacións de maltrato infantil ou calquera outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia.
Procura valorar, dar resposta ou derivar ao recurso idóneo as persoas en situacións ou risco de exclusión social, aplicando tanto proxectos de intervención social personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas. Inclúense nesta categoría os proxectos expresamente dirixidos ao desenvolvemento, promoción e integración da comunidade xitana e outras minorías étnicas.
Facilita a participación comunitaria en tarefas colectivas, impulse o asociacionismo solidario e, en especial, a organización e coordinación do voluntariado social.
Funcións
- Detección, coñecemento e valoración das necesidades sociais e recursos existentes do municipio, a través da observación, atención da demanda e a investigación.
- Planificación e programación dos recursos e servicios necesarios para atender os problemas e necesidades detectados.
- Avaliación de problemas e derivación para a atención dos mesmos cara os distintos servicios existentes cando así o requira o caso.
- Promoción da toma de conciencia polas comunidades e individuos dos seus problemas, facilitándolle-la participación nas tarefas comunitarias, impulsando o asociacionismo e fomentando actitudes e conciencia solidaria.
- Promoción do desenvolvemento local a través de información e orientación individual e colectiva, así como apoio ós grupos portadores de iniciativas, negociación con empresarios, e tódalas accións que conleven a incentivación socio-económica do municipio.
- Axuda a integración de individuos, familias e grupos que o precisen, favorecendo solucións de reinserción social, evitando situacións de marxinación e/ou exclusión social.
- Información,asesoramento, orientación e intervención técnica para resolución das situacións de necesidade e conflicto a nivel individual e colectivo.
- Xestión e tramitación administrativa de recursos e prestacións.
Departamentos
Dentro da área de Servizos Sociais de Cee atópanse os seguintes servizos:
- Centro de Información á Muller (CIM)
- Escola Infantil Municipal
- Servizo de Educación Familiar
- Centro Social
Horarios
Traballadora Social
Luns, mércores e venres de 9:30 ás 13:00 h
Auxiliar administrativo de Servizos Sociais
De luns a venres de 9:30 ás 13:00 h
Contacto
Se desexas ponerte en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Cee podes facelo no correo