Cruceiro da Armada

Un dos cruceiros máis famosos do Concello de Cee, situado moi preto do núcleo urban, na parroquia de Santa María da Xunqueira, esta na ruta xacobea de Santiago a Fisterra e é o primeiro punto dende o cal peregrinas e peregrinos poden ver o mar. O vello cruceiro rompeu polo fuste e foi reparado a finais do século XX, a parte superior é totalmente nova e conta cun Cristo na parte frontal e unha Virxe no reverso. O interesante deste cruceiro é o fuste, na parte media presenta unha figura moi erosionada, mentres que na parte inferior parece que se utilizou un altar romano cunha inscrición.