Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas con motivo da celebración da OKTOBER FEST

ANUNCIO

Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas con motivo da celebración da OktoberFest 2023, no núcleo urbano de Cee, da parroquia de Cee.

1º. Autorizar a ampliación en 1 hora e media sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, da finalización da festa popular denominada OKTOBER FEST, que
se vai celebrar na Avda. Lino Rodríguez Madero (á altura do edificio de Facenda), de Cee, na noite do venres, 20 de outubro ao sábado, 21 de outubro e na noite do sábado, 21 de outubro, ao domingo, 22 de outubro, co cal, o horario máximo de finalización da festa popular os días sinalados será ás 06.00 horas.

2º. Autorizar a ampliación en 2 horas sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, do peche dos establecementos de restauración (epígrafe III.2.5, Orde do 23 de outubro de 2020) e de ocio e entretemento (epígrafe III.2.7, Orde do 23 de outubro de 2020) situados na parroquia de Cee, na noite do venres, 20 de outubro ao sábado, 21 de outubro e na
noite do sábado, 21 de outubro, ao domingo, 22 de outubro.

Deja un comentario

TurismoCee