Aprobación inicial Ordenanza municipal reguladora da expedición das tarxetas de estacionamento

Aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora da expedición das tarxetas de estacionamento para persoas con discapacidade que presenten mobilidade reducida do Concello de Cee.

ANUNCIO

O Pleno do Concello de Cee en sesión ordinaria celebrada o día 28 de novembro de 2025, acordou a aprobación inicial da ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA EXPEDICIÓN DAS TARXETAS DE ESTACIONAMENTO PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE QUE PRESENTEN MOBILIDADE REDUCIDA DO CONCELLO DE CEE.

Someter dita aprobación inicial a información pública e audiencia dos interesados, con publicación no Boletín Oficial da Provincia e taboleiro de anuncios do Concello, polo prazo de trinta días para que poidan examinar o expediente e presentar reclamacións ou suxestións, que serán resoltas pola Corporación. De non presentarse reclamacións ou suxestións no mencionado prazo, considerarase aprobada definitivamente sen necesidade de acordo expreso polo Pleno.

Simultaneamente, publicar o texto no portal web do Concello co obxecto de dar audiencia aos cidadáns afectados e solicitar cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades.

Anuncio de publicación no BOP da aprobación incial da Ordenanza municipal reguladora da expedición das tarxetas de estacionamiento 

Deixa un comentario

TurismoCee