Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público, así como da finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas durante as Festas do Nadal

Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público, así como da finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas durante as Festas do Nadal

 

1º. Autorizar a ampliación en 2 horas sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, da finalización da festa/verbana popular “festa de fin de ano” (epígrafe II.5, Orde do 23 de outubro de 2020), organizada polo Concello de Cee coa colaboración da Asociación Comisión de Festas da Xunqueira de Cee, que se vai celebrar na Avda. Lino Rodríguez Madero, de Cee, na noite do sábado, 31 de decembro de 2022 ao domingo, 1 de xaneiro de 2023, co cal, o horario máximo de finalización da verbena referida o día sinalado será ás 06.30 horas.

2º. Autorizar a ampliación en 2 horas sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, do peche dos establecementos de restauración (epígrafe III.2.5, Orde do 23 de outubro de 2020) e dos establecementos de ocio e entretemento (epígrafe III.2.7, Orde do 23 de outubro de 2020), deste termo municipal, durante as festas do Nadal, isto é, do 22 de decembro de 2022 ao 6 de xaneiro de 2023, ambos incluidos.

 

Deja un comentario

TurismoCee