Se nunca estiveches inscrita/o como demandante de emprego en Galicia e necesitas solicitar a alta inicial para tramitar unha prestación ou subsidio, acceder a unha oferta ou por estar afectada/o por un ERTE:
Neste caso tes á túa disposición o novo Formulario web de solicitude de alta inicial na seguinte imaxe (prema na seguinte imaxe e abrirase o formulario web de solicitude de alta inicial da demanda de emprego):
Este formulario está deseñado para axilizar os trámites de alta inicial daquelas persoas que nunca estiveron inscritas coma demandantes de emprego ou inscritas antes do ano 2005 e necesitan dar de alta a súa demanda para solicitar unha prestación/subsidio por desemprego, por estar afectadas por un ERTE ou para calquera outro trámite que o requira, como o acceso a ofertas de emprego ou programas de políticas activas.
Se algunha vez estiveches inscrita/o como demandante de emprego non será necesario que utilices este formulario. Poderás reactivar a túa demanda a través da Oficina Virtual, ou contactando coa túa oficina de emprego, cuxos datos están ao teu dispor no buscador de oficinas.
Para máis información:
Concello de Cee: 981745100 (Orientación Laboral)
Orientación Laboral do Concello de Cee: orientacion.laboral@cee.gal