Programa gratuíto de apoio ao comercio minorista.
A Cámara de Comercio de A Coruña porá en marcha en setembro, un conxunto de actuacións de apoio ao pequeno comercio/comerciante polo miúdo para fomentar a innovación e mellorar a súa competitividade en Cee e Comarca da Costa da Morte, orientadas a:
- Realizar unha proposta de valor diferente á competencia
- Crear unha experiencia de compra
- Como podemos comunicar mellor a nosa proposta de compra
- Como mellorar a circulación na nosa tenda, VISUAL MERCHANDISING
- Potenciar a exposición de produto creando un escenario idóneo
- Optimizar o escaparate
- Deseñar un calendario de campañas
- Dinamización comercial
- Venda “on line”