Un ano máis, o Concello de Cee celebrará o Día do Deporte na rúa o vindeiro sábado 14 de xullo. ¡Ven e participa!
O V Día do Deporte na rúa do Concello de Cee chegará a Cee o vindeiro sábado 14 de xullo para convertirse, novamente, nunha desas citas ineludibles do verán ceense. ¡A xogar!
O Concello de Cee saca de novo o deporte á rúa para que todo e todas poidamos difrutar dunha xornada lúdica e divertida na que a saúde e o deporte tomen o protagonismo. O centro da vila se encherá de rapaces (e non tan rapaces) practicando algúns dos seus deportes favoritos. Atletismo, ciclismo, baloncesto, fútbol sala, taekwondo… Podes elexir o que máis che guste con só saír da casa.
Esperámoste na Praza 8 de marzo, rúa Domingo Antonio de Andrade, e Praza da Constitución o sábado, 14 de xullo de 11:30 a 14h.
Organiza: Servizo de Deportes do Concello de Cee.
Colaboran: Protección Civil do Concello de Cee, A.C.B. Costa da Morte, Clube Ciclismo Cee, FSF Vila de Cee, Asociación deportiva Olimpia e Club Cee deportes de contacto.
As actividades plantexadas nesta quinta edición serán levadas a cabo polo persoal técnico de cada un dos clubes colaboradores. Cada entidade organizará actividades propias da súa disciplina deportiva cun marcado carácter lúdico, atractivo e que se podan adaptar fácilmente ao público que poda estar observando, de maneira que espectador se quere poda probar e participar na mesma.
PROPOSTA DE ACTIVIDADES
CICLISMO
Organizador: CLUB CICLISTA CEE.
Actividades: xincana con tarefas de dificultade variable sobre a bicicleta, taller de conducción, coceptos básicos de seguridade vial, etc.
BALONCESTO
Organizador: CLUB ASOCIACIÓN COMARCAL BALONCESTO “COSTA DA MORTE” DE CEE.
Actividades: xogos predeportivos co uso de balóns de baloncesto, roldas de tiros a canastra, etc.
TAEKWON-DO ITF
Organizador: CLUB CEE DEPORTES DE CONTACTO
Actividades: actividades de deportes de contacto, etc.
ATLETISMO
Organizador: CLUB ASOCIACIÓN DEPORTIVA OLIMPIA DE CEE.
Actividades: xogos e actividades das diferentes disciplinas do atletismo en pista: carreiras de velocidade, salto de vallas, etc.
FÚTBOL SALA
Organizador: FÚTBOL SALA FEMENINO VILLA DE CEE
Actividades: circuítos, partidillos, etc.