AU301E. Subvención para a reducción de perdas de auga na Rede de Abastecemento Municipal de Cee.

O Concello de Cee resultou beneficiario dunha subvención destinada á redución das perdas de auga na rede municipal de abastecemento.

O Concello de Cee resultou beneficiario dunha subvención destinada á redución das perdas de auga na rede municipal de abastecemento.

Esta axuda, concedida no marco das actuacións de mellora da eficiencia no ciclo urbano da auga, permitirá desenvolver un proxecto orientado a optimizar a xestión do recurso hídrico, minimizar fugas e mellorar o rendemento da rede.

A actuación enmárcase dentro do PERTE de dixitalización do ciclo da auga e conta con financiamento da Unión Europea a través do programa NextGenerationEU.

O importe da subvención ascende a 39.931,43 euros, o que contribuirá a avanzar cara a un modelo de xestión máis sostible, eficiente e respectuoso co medio ambiente.

Deixa un comentario