Bando informativo sobre a apertura de establecementos comerciais no ano 2026
O Concello de Cee informa á cidadanía do seguinte:
De conformidade coa Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, de data 18 de setembro de 2025, pola que se establecen os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2026, dispón que:
Os domingos e festivos habilitados para a apertura comercial no ano 2026 inclúen, entre outros, o 15 de agosto.
Así mesmo, infórmase de que ditas datas son determinadas pola citada Consellería, previa consulta aos axentes socioeconómicos conforme á lexislación vixente. Neste sentido, fíxanse un total de dez domingos e festivos que teñen a consideración de hábiles para o exercicio da actividade comercial no 2026.
Lémbrase que non corresponde ao Concello de Cee a determinación destes días, sendo competencia municipal unicamente a fixación das dúas festividades locais, que no ano 2026 serán:
- 6 de abril
- 16 de xuño
O presente bando dítase en base ás facultades atribuídas pola lexislación vixente.