Camiños activos. Cee 2020

O Concello de Cee, a través do servizo de deportes, pon en marcha o PROGRAMA CAMIÑOS ACTIVOS, que son percorridos polas rúas, estradas e camiños da nosa vila para facer ben andando, correndo ou en bicicleta.

Os camiños están concibidos cunha visión integradora de actividade física, natureza, cultura e turismo, e coa finalidade principal de promover a práctica do exercicio físico de forma regular e saudable entre a nosa veciñanza.

Poderemos coñecer recunchos culturais e arquitectónicos do concello, contribuiremos á mellora do medio ambiente, desfrutaremos dos nosos paseos e zonas verdes, e axudaránnos a manter o noso estado físico e mental san, adquirindo hábitos que axuden a nosa saúde.

Os camiños poderanse facer por separado ou unidos uns aos outros, incrementando a distancia se así se desexa. Todos eles combinan rúas, estradas e camiños, polo que en todo o momento haberá que respectar as sinalizacións de tráfico, así como as normas e uso do noso entorno.

Este programa contén sete camiños, que serán o punto de partida para ir completando no futuro con novos itinerarios que incentiven os desprazamentos en vehículos sen motor e a práctica de exercicio físico saudable.

CAMIÑOS ACTIVOS

Camiño Activo 1. Cee (Centro)
Camiño Activo 2. Cee - Toba
Camiño Activo 3. Cee - Estorde
Camiño Activo 4. Cee - Pereiriña
Camiño Activo 5. Cee - Lires
Camiño Activo 6. Cee - Brens
Camiño Activo 7. Cee - Ameixenda

Deixa un comentario

TurismoCee