Sabías que a orixe do nome de Cee segue a ser un misterio para a toponimia?
Coa destrución dos arquivos no ano 1809 polas tropas francesas, os ceenses perdemos gran parte da información sobre a historia e a orixe da vila. Por fortuna, non se perdeu o interese polo pasado. Así é que hoxe existen dúas teorías que continúan a ser investigadas.
A primeira vén da man de Francisco Mayán, quen relacionou Cee co vocábulo latín “cetus”. Ligando así o nome do noso pobo cunha das tradicións máis características; a pesca de cetáceos.
Os responsables da segunda teoría son os investigadores do Proxecto Gaélico. Estes concluíron que Cee provén do término gaélico “Cé”, que significa embarcadoiro. Ligando o nome coa función portuaria.