Praia de Caneliñas


Esta pequena cala de 100m de longo e 20m de ancho caracterízase por tres elementos principais: a súa area branca e fina, unhas augas tranquilas que inspiran calma e quietude e a vexetación autóctona que rodea o enclave. Trátase pois, dun espazo natural, afastado da contaminación alumínica excesiva, que constitúe unha das paisaxes agrestes máis significativas da zona.

Cabe dicir que non só se trata dun emprazamento ideal para a contemplación do ceo nocturno sen impedimentos, senón que goza tamén dun valor histórico e etnográfico inmenso; nesta praia, atópase a última baleeira en pechar de todo o Estado.