O Concello de Cee conmemora o 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

Facebooktwittermail

Dado que o 24 de febreiro se cumpren 179 anos do nacemento de Rosalía de Castro, esta Alcaldía, a través do Servizo de Normalización Lingüística, comunica que ao longo de todo o mes de febreiro permanecerá colgada na fachada principal da Casa Consistorial a bandeira de Galicia xunto cuns versos de Rosalía dedicados ás nenas de Cee.

Ademais, desde o concello procedeuse a entregar en todos os locais de hostalería e nas librarías distintos poemas desta autora para seren colgados nestes establecementos e que a xente poida coñecer un pouco máis a obra rosaliana.