Dende a dirección desta instalación deportiva municipal infórmannos que:
Os próximos días 10 e 11 de maio (domingo e luns) os vasos da piscina permanecerán pechados con motivo de realizar traballos de mantemento para subsanar unha avaría na climatización dos mesmos. O ximnasio, salas anexas e as actividades dirixidas funcionarán con normalidade.
No caso de que se poida subsanala avaría o domingo, abriríamos o luns con normalidade..
Rogamos, desculpen as molestias.
Nota: xuntamos a parilla das actividades dirixidas do 1 ao 31 de maio de 2015.