Programa de actividades na semana adicada á eliminación da violencia contra a muller. 25N Cee

Concienciación social, teatro escolar e un espectáculo escénico musical dentro dos actos do 25N no concello de Cee

Empezamos a conta atrás de cara a celebración do 25N da man da Deputación da Coruña coa campaña #RompeOSilencio.

Esta iniciativa, enmarcada dentro do programa “DE FRONTE á violencia de xénero” da Área de Igualdade, busca “visibilizar as situacións de violencia, nun exercicio colectivo no que compartir experiencias de xeito seguro na propia rúa”.

A Coruña, Santiago, Ferrol e Cee serán as protagonistas desta actividade, será este venres 17 de novembro  de 16.00 a 19.00 horas na Praza 8 de marzo.

#RompeOSilencio nace da necesidade de dar voz ás mulleres e visibilizar as súas experiencias no ámbito da violencia sexual, así como das conscuencias que sofren por mor da cultura da pornografía. O obxectivo é loitar contra o estigma das súas vivencias, normalmente condeadas ao silencio, nun exercicio práctico no que poidan compartilas con outras mulleres de maneira segura. As creadoras de contido Malva, María Foscaldo, María Rúa e Isabel Garrido tamén divulgarán en redes acerca das violencias sexuais e as experiencias reais recollidas durante os próximos días formarán parte dunha pancarta na manifestación do 25N.

O luns 20 e o martes 21 de novembro, a Casa de Cultura acollerás ás 11.00 horas dúas funcións en horario escolar: A primeira delas, dirixida ó alumnado dos institutos Fernando Blanco e Agra de Raíces correrá a cargo de Aldaolado, mentras que a segunda acudiran as nenas e nenos das escolas unitarias de Brens e Pereiriña, así como o alumnado de 1º e 2º curso de ensino primario dos colexios Vila de Cee e Manuela Rial Mouzo. Nesta ocasión, a protagonista será Isea a Moura, quen coas suas cancións e contos tratará de achegarlle ós mais cativos unha mensaxe dun mundo mais sostible, sinxelo e sobre todo, xusto.

O venres 24 ás 12.00 horas na Praza 8 de marzo, o concello de Cee realizará o seu acto institucional no que participará alumnado dos centros de secundaria e das asociacións Apem e Aspadex, visibilizando e concienciando a toda a cidadanía, pero moi especialmente ós máis novos, sobre a necesidade dunha sociedade cada vez máis igualitaria e crítica con todo tipo de comportamentos machistas.

Finalmente, o sábado 25 ás 20,30 horas, a Casa de Cultura acollerá un espectáculo para todos os públicos protagonizado por mulleres. En “Contos… entre cordas”, recorremos un mesmo camiño en busca dun lugar común entre as nosas dúas formas de expresión. Entre a palabra e a música ideamos a maneira de achegar a arpa e o seu repertorio a lugares onde non adoita escoitarse. María da Pontragha é educadora e antropóloga, dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose en todo o que rodea a oralidade. Bleuenn Le Friec é unha arpista bretoa, galega de adopción. Formada en arpa celta e clásica, desenvolve hoxe a súa vida musical con este instrumento (Real Filharmonía de Galicia, Orquesta del Gran Teatre del Liceu, …) e tamén coa música de raíz galega (Zumaque, Uxía, Xoan Curiel,…).

Deixa un comentario

TurismoCee