Comeza a II Edición dos Cursos «Concello de Cee na rede»

Despois do éxito do ano pasado, o Concello de Cee decide apostar de novo pola formación da poboación en novas tecnoloxías e os seus usos para o día a día.

A Concellería de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego, dirixida por Pilar Iglesias, ven de convocar o ciclo de cursos “Concello de Cee na Rede”. O obxectivo destes cursos é dotar a poboación de coñocementos básicos no uso da rede así como mostrar as vantaxes que pode ter o uso da tecnoloxía no seu día a día e en situacións cotiás.

Nesta edición, os cursos veñen delimitados polo tipo de poboación á que se dirixen e polos seus coñecementos previos no uso de internet. Así, haberá formación destinada ao público xeneral non iniciado pero tamén a desempregados que non coñecen o manexo de internet nin o que pode ofrecerlles na súa búsqueda de emprego.

Por outra banda, e ante a extensa demanda, o Concello aposta unha vez máis polo acercamento á tecnoloxía das persoas maiores. Coma na edición anterior, haberá un curso de iniciación específico para eles no que se espera que empecen a desenvolverse co ordenador realizando búsquedas en internet e cun acercamento ao uso do correo electrónico e as redes sociais. Como novidade, aqueles que xa se desenvolven mellor terán a oportunidade de seguir aprendendo e avanzando no seus coñecementos cun destacado papel do uso do smartphone e as súas posibilidades.

Os interesados deberán apuntarse nas Oficinas de Orientación Laboral do Concello de Cee ata que se completen o número de prazas dispoñibles.

TurismoCee