PROGRAMACIÓN DEPORTIVA MUNICIPAL PARA O VERÁN 2023

Descobre as actividades da programación deportiva municipal para o verán 2023. Campamentos multiaventura, baloncesto, fútbol, baile e moito máis.

A programación deportiva municipal do verán 2023 presentouse esta mañá (09/06/2023) en rolda de prensa pola alcaldesa de Cee,  a concelleira de servizos sociais, Emilia Trillo, o técnico municipal de deportes, Manolo Calo e a directora do CIM, Alba Varela.

Podes consultar aquí todas as actividades:

VIII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CEE

Destinatarios: a partir dos 3 anos (nados no 2020 e anteriores).
Día: sábado 1 de xullo.
Horarios, categorías e distancias:

HORA CATEGORÍA DISTANCIAS
21.00 horas PITUFO (2016-2020) 1.000 m.
21.10 horas BENXAMÍN (2014-2015) 1.000 m.
21.25 horas ALEVÍN (2012-2013) 1.000 m.
21.40 horas SENIOR 3K (2007 e anteriores) 3.400 m.
21.42 horas INFANTIL, CADETE, XUV. E SENIOR 3K 3.400 m.
22.10 horas SENIOR 10K, M40 e M50 10.200 m.

Itinerario: núcleo urbano da vila.
Inscrición: na web www.correndopolacostadamorte.com, ata o martes 27 de xuño ás 23:59 horas.
Mais información: na web municipal www.cee.gal, no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 9)

VIII DEPORTE NA RÚA

 

 

Xornada lúdica e festiva na que os clubs deportivos da vila sacan ás rúas de Cee as actividades que desenvolven ao longo de todo o ano no concello.
O baloncesto, o atletismo, o fútbol, o fútbol sala, baile deportivo, inchables, os deportes de contacto, … serán algunhas das disciplinas deportivas que se poderán practicar.

 

Aviso: as persoas interesados en participar na actividade de ciclismo é preciso que asistan con bicicleta e casco.
Destinatarios: toda a poboación.
Día: sábado 15 de xullo.
Horario: das 11:30 ás 14:00 horas.
Localizacións: praza 8 de Marzo, rúa Domingo Antonio de Andrade e praza da Constitución.
Inscrición: gratuíta.
Mais información: na web municipal www.cee.gal, no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 9)

XX DÍA DA BICICLETA CONCELLO DE CEE

 

 

As bicicletas percorrerán o concello de Cee grazas á colaboración do Club Ciclista Cee.
A finalidade deste evento non é outro que estimular o uso da bicicleta como medio de locomoción alternativo, ademais de ser beneficioso para a saúde e respectuoso co medio ambiente.
Destinatarios: a partir dos 4 anos de idade (nados no 2019 e anteriores).
Aviso: o uso do casco é obrigatorio.
Día: sábado 29 de xullo.
Horario: as 11.00 h.
Distancia do itinerario: 13 km.
Lugar de saída: avda. Lino Rodríguez Madero, a carón da oficina da Policía Local (parte traseira da casa do concello).
Inscrición gratuíta: na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar) ata o venres 28 de xullo ás 14:00 horas.
Mais información: no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 9)

 

VI CAMPUS DE FÚTBOL SALA “CENTRO COMERCIAL FINIS TERRAE” F.S.F. VILLA DE CEE 2023

 

 

 

Organizado polo club local de fútbol sala “F.S.F. Villa de Cee”.
Os participantes desfrutarán de: merenda ao mediodía, unha camiseta e unha sesión gratuíta Cines Xunqueira o sábado 1 de xullo.

• Destinatarios: nenos e nenas de 6 a 13 anos. (2010 – 2017)
• Días: do luns 26 de xuño ao sábado 1 de xullo (sábado horario especial sesión cine Centro Comercial Finis Terrae).
• Horario: das 9:30 ás 13:30 horas.
• Prezo: 45 €/campus.
• Instalación: Pavillón Municipal de Cee.
• Inscrición: ata o xoves 22 de xuño no whatsapp do club tel. 679.012.595
• Máis información: na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar), no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 9).

CAMPUS DE PORTEIR@S NORDES 2023

Campus de fútbol organizado e impartido pola escola de porteiros especializada “Nordés”.

Esta actividade, que conta coa colaboración da S.R.D. Unión Club Cee, desenvolverá un traballo específico de portería en grupos reducidos, con adestradores especializados, visualización e análise de vídeos, etc.

Tamén inclúe dúas camisetas do campus, merenda saudable, trofeo ao gañador/a na 1ª liga de batallas de porteir@s na Costa da Morte, etc.

Destinatarios: nenos e nenas de todas as idades.
Días: do 26 ao 30 de xuño.
Horario: das 10:00 ás 14:00 horas.
Instalación: Estadio Municipal de Fútbol S. Paio de Refoxos Cee.
Inscrición e máis información: no teléfono 646.036.777

DEPORCAMPUS RC DEPORTIVO CEE VERÁN 2023

 

Campus de fútbol organizado pola “Fundación RC Deportivo” e impartido por adestradores do Real Club Deportivo.
Esta actividade, que conta coa colaboración da S.R.D. Unión Club Cee, inclúe unha equipación deportiva, almorzo, diploma, sorteo de agasallos e merenda individual.
• Destinatarios: nenos e nenas de 6 a 14 anos.
• Días: do 3 de xullo ao 7 de xullo.
• Horario: das 10:00 ás 14:00 horas. Dende ás 9:30 h. os adestradores recibirán aos participantes na instalación.
• Instalación: Estadio Municipal de Fútbol S. Paio de Refoxos Cee.
• Inscrición:
https://deporcampus.rcdeportivo.es/es/cee-2023/inicio
A data e hora límite de inscrición será mércores 28 de xuño ás 12.00 h.
• Mais información: no email deporcampus@rcdeportivo.es ou ben no teléfono 981.259500 (ext. nº 1-2)

 

 

 

PROGRAMA “DIVÍRTETE CO DEPORTE” EN CEE VERÁN 2023

 

Xogos como na procura do tesouro, actividades físicas sen balón, carreiras de obstáculos, actividades lúdico-deportivas no areal da praia da Concha, serán algunhas das propostas deste programa.
Destinatarios: 60 nenos e nenas de 7 a 14 anos (nados entre o 2016 e 2009), preferentemente empadroados no Concello de Cee.
Quendas, días e horarios: 4 quendas de 15 participantes en horario das 10:00 ás 13:00 horas.
 1ª quenda: luns 3 e mércores 5 de xullo.
 2ª quenda: luns 10 e mércores 12 de xullo.
 3ª quenda: luns 17 e mércores 19 de xullo.
 4ª quenda: luns 24 e mércores 26 de xullo.
Localización: casetas do paseo marítimo do Alcalde Pepe Sánchez de Cee.
Inscrición gratuíta: na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar) ata o mércores 28 de xuño. No caso de existir máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo público o xoves 29 de xuño no salón de Plenos da Casa do Concello.
Mais información: na web municipal www.cee.gal, no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 9)

 

 

XIV CAMPUS DE BALONCESTO “A.C.B. COSTA DA MORTE” CEE VERÁN 2023

 

 

 

Campus de baloncesto organizado polo club local de baloncesto “A.C.B. Costa da Morte”. Nesta actividade traballaranse dun xeito lúdico e divertido os fundamentos técnicos do baloncesto: movemento de mans e pés de forma equilibrada, o pase, a recepción do balón, o bote, o tiro a canastra, os principios básicos da defensa e o ataque,…
Destinatarios: rapaces e rapazas de 4 a 17 anos.
A actividade comezará o martes 4 de xullo.
Grupos, horarios e prezos:
 Grupo 1 (de 4 a 11 anos): martes e xoves das 11:00 ás 13:00 horas. Prezo: 25€/mes
 Grupo 2 (de 12 a 17 anos): luns, mércores e venres das 20:30 ás 22:00 horas. Prezo: 30€/mes
Instalación:Pavillón Municipal de Cee.
Inscrición e máis información:  no email do club acbcostadamorte@hotmail.com, na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar), no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 9)

Para a realización desta actividade será imprescindible un nº mínimo de inscritos/as.

 

 

CAMPUS DE FÚTBOL“S.R.D. UNIÓN CLUB CEE” VERÁN 2023

Actividades organizadas polo club local de fútbol “S.R.D. Unión Club Cee” durante o mes de xullo, no Estadio Municipal de Fútbol S. Paio de Refoxos de Cee.

CAMPUS DE TÉCNIFICACIÓN (do 10 ao 28 de xullo)

 

 

 


Destinatarios: nenos e nenas de 4 a 13 anos.

Grupos, días e horarios:
Grupo 1 (nados entre 2009-2014): luns, mércores e venres das 10:00 ás 11:30 horas.
Grupo 2 (nados entre 2015-2019): luns, mércores e venres das 11:30 ás 13:00 horas.

Prezo:45 €/campus (2º irmán 25 €)

Inscrición e mais información: A partir do 5 de xuño no teléfono 658.973.844 (Abraham) ou ben no correo electrónico unionclubcee@gmail.com

 

 

 

 

 

 

 

 

CAMPAMENTO FÚTBOL FEMININO (do 5 ao 28 de xullo)

Destinatarios: nenas nadas entre 2009-2019

Días e horarios: martes e xoves das 11:00 ás 12:30 horas.

Inscrición: gratuíta. Actividade de promoción

Lugar: Estadio Municipal de San Paio de Refoxos.

Inscrición e mais información: A partir do 5 de xuño no teléfono 658.973.844 (Abraham) ou ben no correo electrónico unionclubcee@gmail.com

 

 

ESCOLA DE VERÁN “CLUB CEE DEPORTES DE CONTACTO” VERÁN 2022

 

 

 

Escola organizada polo “Club Cee deportes de Contacto”. O taekwon-do ITF e kick boxing serán as disciplinas que se desenvolverán nesta escola deportiva.


Destinatarios: nenos e nenas a partir dos 4 anos de idade.
Días: luns, mércores e venres (durante os meses de xullo e agosto). A actividade comezará o luns 3 de xullo.
Grupos e horarios:
Grupo 1 (a partir dos 16 anos): das 10:00 ás 11:30 horas.
Grupo 2 (de 9 a 15 anos): das 11:30 ás 12:30 horas.
Grupo 3 (de 4 a 8 anos): das 12:30 ás 13:30 horas.
Instalación: Pavillón Municipal de Brens.
Inscrición e máis información: no teléfono do club 661.910.234 ou ben no email clubceedc@hotmail.com

 

 

 

CAMPUS MULTIDEPORTE “PISCINA MUNICIPAL DE CEE” VERÁN 2023

 

 

 

 

Xogos, inchables, natación, deportes de loita, clases dirixidas con soporte musical, obradoiros, manualidades, saídas, Kayaks, nadar-surf…
Destinatarios:nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade.
Quendas:
1ª quenda: do 3 ao 14 de xullo.
2ª quenda: do 17 ao 28 de xullo.
3ª quenda: do 31 de xullo ao 11 de agosto.
4ª quenda: do 21 de agosto ao 1 de setembro.
Horarios: das 10:00 ás 14:00 horas.
Instalacións: complexo deportivo da Piscina Municipal de Cee.
Prezos:
68,42 €/quenda ABONADOS
 136,84 €/quenda NON ABONADOS
Descontos 10% por máis dunha quenda
Mais información: na recepción da piscina, chamando aos teléfonos 981.745201 – 648.017.280

CAMPUS DE VERÁN “CLUB TAEKWONDO JUAN CEE” 2023

 

 

 

 

Actividades organizadas polo “Club Taekwondo Juan Cee” durante os meses de xullo e agosto

Taekwondo

Martes

  • Horarios: 11.00 – 12.00 h. / 12.00 h. – 13.00 h. / 20.00 – 21.00 h. / 21.00 – 22.00 h

Xoves

  • Horarios: 11.00 – 12.00 h. / 12.00 h. – 13.00 h. / 20.00 – 21.00 h. / 21.00 – 22.00 h

Acrobacias

Mércores

  • Horarios: 11.00 – 12.00 h. / 12.00 h. – 13.00 h.

Inscrición e mais información (horarios, idades e grupos) no teléfono 661.910.411 e Instagram. taekwondo_juan

 

 

 

 

CAMPUS DE TENIS DE MESA “A.D. ZAS” CEE VERÁN 2023

 

 

 

 

Organizado polo club de tenis de mesa “Agrupación Deportiva Zas”.

Coa intención de darlle continuidade á escola deportiva posta en marcha durante o pasado curso, preténdese promocionar a práctica desta disciplina deportiva desenvolvendo dun xeito lúdico-recreativo aspectos técnico-tácticos para entender o tenis de mesa, tipos de golpes, regras principais, postura entre outros.

Destinatarios: nenos e nenas a partir dos 7 anos.
Días: luns e mércores.
Datas: do 19 de xullo ao 31 de agosto.
Horarios: das 11:00 ás 13:00 horas.
Instalación: Pavillón Municipal de Cee.
Inscrición gratuíta: no teléfono do club 653.336.768 (A.D. Zas) ou na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar), no email deportes@cee.gal ou ben no teléfono 981.745100 (ext. nº 9)

 

 

 

 

 

CAMPUS DE VERÁN “CLUB ARTE E MOVEMENTO”  2023

Actividades organizadas polo club local “Club Arte e Movemento” durante os meses de xullo e agosto.

 

POBOACIÓN INFANTIL (nenos e nenas de 5 a 16 anos)

CAMPUS DANCE TALENT (TIK TOK, HIP HOP E CARIBEÑOS)
• Prezo: 25 €/mes (1 día á semana)

CAMPUS BALLET
• Prezo: 40 €/mes (1 día á semana)

CAMPUS BREAKING
• Prezo: 40 €/mes (1 día á semana)

POBOACIÓN ADULTA (a partir dos 16 anos)

CAMPUS BACHATA
Prezo: 25 €/mes (1 día á semana)

Inscrición e mais información (horarios, idades, grupos,…): no teléfono 607.323.391

 

 

 

PROGRAMA “RESPIRA” CONCELLO DE CEE VERÁN 2023

 

Programa de conciliación familiar durante os meses de xullo e agosto, no que as actividades lúdicas serán as protagonistas.

• Destinatarios:  nenos e nenas de 3 a 10 anos (nenos de 3 anos xa escolarizados)

Instalación: no C.E.I.P. Vila de Cee

 

 

 

Deixa un comentario

TurismoCee