Aberto o prazo de matrícula da Escola Municipal de Música de Cee. Curso 2017-2018

A Escola Municipal de Música de Cee xa ten aberto o prazo de matrícula para o curso 2017/2018. O prazo rematará o vindeiro 15 de setembro.

O 1 de agosto comeza o prazo para matricularse na Escola Municipal de Música de Cee. Dende os 5 anos, os alumnos teñen a posibilidade de estudar acordeón, clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba e violín.

Os grupos aos que se pode pertender dentro da Escola son a Banda de Música, grupo de vento metal, grupo de acordeóns, grupo folk, grupo de pop-rock e banda de gaitas.

A matrícula é de 20€ e os horarios quedarán fixados en outubro.

Descarga aquí o impreso de matrícula e as condicións xerais:

Máis información  e matrícula nas Oficinas do Concello de Cee (1º andar).

HORARIOS  DE CLASES COLECTIVAS

Deixa un comentario

TurismoCee