Exposición de pintura en Cee a cargo de María Jesús Barros Dios

Facebooktwittergoogle_plusmail

CASA DE CULTURA DE CEE, 1º andar

Do 20 de xuño ao 7 de xullo. HORARIO: de 10.30 a 13.30h

A Artista

María Jesús Barros Dios, nacida en Santiago de Compostela, reside en Cee desde finais do ano 1994,

salvo unha paréntese de dous anos que residiu en Bailén (provincia de Xaén). Precisamente sería nesta

estadía andaluza onde daría os seus primeiros pasos na pintura.

 

De volta en Cee, aumentou a sua afección acudindo a clases primeiro en Corcubión e máis recentemente

en Cee da man do pintor madrileño, aínda que residente en Fisterra, David de Lorenzo, que conta con

máis de dúas décadas de traxectoria profesional, na que ten desenvolvido diferentes proxectos de

investigación teórica e plástica tanto de diferentes materiales, como técnicas e procesos pictóricos.

 

A exposición de Cee recolle os froitos do traballo de María Jesús Barros nestes últimos anos.

Deixa un comentario