Proceso selectivo para a contratación dun arquitecto/a municipal

Xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña as Bases da convocatoria e proceso selecctivo para a provisión mediante funcionario/a interino/a da praza de arquitecto/a municipal para o Concello de Cee.

Xa están piblicadas as bases para a realización dun proceso selectivo, mediante oposición libre, para a selección de arquitecto/a para o desenvolvemento das funcións e tarefas específicas da especialidade profesional correspondente, como funcionario interino, conforme o artigo 10.d) do real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o TRLEBE, por un prazo de 6 meses.

A praza está encadrada na Escala de Administración Especial, Subescala: Técnica, clasificada no Grupo A, Subgrupo: A1, nivel 24. A xornada de traballo é a tempo completo.

As instancias, xunto coa copia cotexada do DNI segundo modelo que se acompaña no anexo I, dirixiranse ó alcalde do Concello e presentaranse no Rexistro Xeral, durante o prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP. Poderán así mesmo remitirse na forma determinada na Lei 39/2015, do 1 de outubro. Xunto coa instancia non será necesario achegar ningunha documentación sendo suficiente que os aspirantes manifesten que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base segunda

Podes consultar aquí o texto íntegro das bases.

ACTUALIZACIÓN 12/06/2018

O 11 de xuño foron publicadas no BOP da Provincia da Coruña que mediante Resolución da Alcaldía núm. 322, de data 1 de xuño de 2018, aprobáronse as bases para a provisión mediante funcionario/a interino/a da praza de arquitecto/a municipal do Concello de Cee.

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación das Bases no BOP.

Consulta o texto íntegro das bases da convocatoria:

 

ACTUALIZACIÓN 09/08/2018

Decreto de modificación da base sexta das reitoras da provisión mediante funcionario/a interino/a da praza de arquitecto municipal do Concello de Cee.

 

ACTUALIZACIÓN 03/09/2018

Aprobación da listaxe definitivade admitidos e excluídos no proceso de selección de funcionario/a interino/a da praza de arquitecto/a municipal do Concello de Cee, nomeamento do tribunal e fixación da data da primeira proba.

ACTUALIZACIÓN 13/09/2018

Examen e plantilla respostas.

Acta I do Tribunal asinada dixitalmente.

ACTUALIZACIÓN 21/09/2018

ACTA II TRIBUNAL. 2ª proba para selección mediante funcionario/a interino/a, da praza de arquitecto municipal do Concello de Cee (BOP nº 109 do 11 de xuño de 2018)

 

Deixa un comentario

TurismoCee