Axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana.

No DOG do 18/9/2015, publícanse unhas axudas para familias numerosas, que teñen como finalidade sufragar parte dos gastos para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas en Galicia.

Persoas beneficiarias:

  • Familias que residan na CC.AA de Galicia.
  • Que teñan título de familia numerosa en vigor.
  • Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 7500€/anuais.

Información e trámite de solicitudes:

  • A través dos Servizos Sociais.
  • Por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es

Prazo de presentación: Ata o 19/10/2015.

TurismoCee