Actualizado 14/05/2024: Convocatoria de subvencións para a promoción e o fomento do deporte mediante libre concorrencia competitiva 2024. Concello de Cee

O obxecto desta convocatoria é a promoción e fomento do deporte, subvencionando actividades realizadas no concello de Cee.

Entidades deportivas legalmente constituídas, inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia e no Rexistro Municipal de Asociacións, ter o seu domicilio social e desenvolver as súas actividades no Concello de Cee.

As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica ou no rexistro xeral do Concello de Cee en horario de 9:00 a 13:30 horas de luns a venres, ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións.

O prazo de solicitude e do 7 de marzo ao 8 de abril do 2024.

  • Anexo 1. Solicitude de subvención.
  • Anexo 2. Certificación do número de licenzas deportivas menores de 18 anos (federativas e/ou escolares do Programa Xogade de deporte en idade escolar) así como do número de licenzas maiores de 18 anos. (Expedida pola federación deportiva correspondente ou pola entidade organizadora do Programa Xogade de deporte en idade escolar).
  • Anexo 3. Declaración indicando a organización prevista de actividades físico-deportivas propias e en colaboración nas promovidas polo Concello de Cee.

Debe realizarse mediante o procedemento de Achega de Documentación coa seguinte documentación:

  • Anexo 4. Solicitude de aboamento da subvención concedida.
  • Anexo 5. Declaración doutras axudas 2024.
  • Anexo 6. Orzamento de ingresos e gastos 2024.
  • Anexo 7. Memoria de actividades 2024.
  • Anexo 8. Relación clasificada de gastos presentados 2024.
    Documentación complementaria:
    ▪ Certificado da conta bancaria da entidade deportiva.
    ▪ Certificados de estar ao corrente coa AEAT, ATRIGA, Seguridade Social e Concello de Cee (éste último consultarase de oficio pola entidade local, non sendo precisa a súa presentación).
    ▪ Facturas ou documentos orixinais polo importe concedido e xustificantes bancarios do seu pago. (No caso de presentar os gastos de persoal como xustificantes será preciso xuntar: contrato en vigor, informe de vida laboral, nóminas e TC2 Seg. Social).
    ▪ Acreditación do uso do logotipo do Concello de Cee (ou do servizo de deportes municipal) en cartelería, roupa/vestimenta deportiva, web, redes sociais, outras.

Actualizado 14/05/2024

Acta I Revisión solicitudes e proposta provisional de concesión. Subvenciones deportes 2024

Acta I Revision solicitudes e proposta provisional de concesión. Subvenciones deportes 2024

 

Deixa un comentario

TurismoCee