Escola de Música. Apertura Prazo de Matrícula

A Escola Municipal de Música de Cee abre o prazo de matrícula para o curso 2020-2021 do día 01 de setembro ao 20 de setembro ambos inclusive.

Este curso 2020-2021 a Escola de música abrirá de novo as súas portas para acoller a todos aqueles que desexen estudiar acordeón, clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba ou violín.

Dentro da Escola poderás formar parte de todos os grupos que conviven nela: Banda de Música, grupo de vento metal, grupo de acordeóns, grupo folk, minibanda e banda de gaitas.

O prazo de matrícula estará aberto do 01 de setembro ao 20 de setembro de 2020, ambos inclusive. 

A inscrición efectuarase en modelo normalizado a disposición dos interesados nas oficinas do Concello de Cee e na páxina web: www.cee.gal, presentarase debidamente cuberto, no Rexistro da Corporación en horario de 09:00 a 13:30 h. ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

A matrícula é de 20€ e os horarios quedarán fixados en outubro.

Decreto de apertura de Inscrición

Decreto de apertura de Inscrición. Curso 2020 – 2021

Impreso de matrícula da Escola de Música. Curso 2020 – 2021

Impreso de matrícula da Escola de Música. Curso 2020 – 2021

Impreso de matrícula da Escola de Música. Curso 2020 – 2021. Online.

 

 

Deixa un comentario

TurismoCee