Xa saliron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña as Bases da convocatoria e proceso de selección en réximen laboral temporal de 2 traballadores para oficina de información turística 2017.
Mediante Resolución da Alcaldía núm. 302/2017 de data 14 de xuño de 2017 foron aprobadas as Bases que rexerán a convocatoria e o proceso de selección en réxime laboral temporal de 2 traballadores para oficina de información turística 2017.
O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte á de publicación das Bases no BOP.
Consulta o texto íntegro das bases:
Actualizado 21/07/2017
LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/EXCLUÍDOS
RESOLUCIÓN ADMITIDOS E NOMEAMENTO DO TRIBUNAL
RESOLUCIÓN ADMITIDOS/EXCLUIDOS E DATA DAS PROBAS
Actualizado 09/08/2017
PUNTUACIÓNS FASE CONCURSO
PUNTUACIÓNS FASE OPOSICIÓN
PUNTUACIÓNS TOTAIS E CANDIDATOS SELECCIONADOS
As reclamacións poderán presentarse entre o 10/08/2017 e o 11/08/2017 no rexistro municipal ou na forma prevista nas Leis 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas e 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público.
Non obstante, no caso de non presentarse a documentación no rexistro xeral do Concello, deberá comunicarse a súa presentación a través de calquera medio que permita deixar constancia (fax, telegrama etc…), que deberá ter entrada no rexistro do Concello antes de que remate o prazo e hora fixados como o último día para a presentación de reclamacións
Espero que se aplique la honradez en este concello.
Hola Teresa. Esa é a máxima a seguir. En todos os procesos hai un tribunal que barema as puntuacións para cada candidato segundo a documentación aportada e, de ser o caso, segundo os resultados das probas establecidas previamente. Moitas gracias.
Gracias a vos
Boas,
Eu quería saber se xa se publicou a data na que se vai facela probra.
E que non atopo esa información na páxina do concello. Ainda non se publicou nada?
Hola David, contamos con que as listas salirán esta semana. De todas formas, en canto estea a documentación preparada, publicaremos as datas na web.Gracias polo teu interés.
Bóa tarde
Cando sairán as lista e a data do proceso?
Apertas
Hola Adrián,
Acabamos de publicar a lista na web. Xa podes consultala aquí: https://cee.gal/gl/actualidade/ordenes-de-contratacion/proceso-selectivo-para-contratacion-de-2-informadores-turisticos-en-cee/3645/
As datas aínda están por confirmar. Gracias.
Bos días
Ainda non hai data establecida, verdade?
Un saúdo
Hola Adrián. Hoxe remata o prazo para poder subsanar erros na documentación. A partir de agora se establecerán as datas das probas, aínda que o máis probable é que sexan a vindeira semana. Un saúdo.
Bos días
¿Poderían publicar os resultados da fase de concurso? Grazas
Un saúdo
María, sempre se publican todas as puntuacións xuntas. Neste caso, están xa dispoñibles.