Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público e de finalizacion dos espectáculos publicos con motivo da Festa de San Cristovo de Cee

Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público, así como da finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas durante a Festas de San Cristovo de Cee

1º. Autorizar a ampliación en 2 horas sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, da finalización da festa/verbena popular denominada Festa de San Cristovo de Cee, que se vai celebrar no núcleo urbano de Cee, da parroquia de Cee, deste termo municipal, na noite do venres, 7 de xullo ao sábado, 8 de xullo, e na noite do sábado, 8 de xullo ao domingo, 9 de xullo co cal, o horario máximo de finalización da verbena os días sinalados será ás 06.30 horas.
2º. Autorizar a ampliación en 2 horas sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, do peche dos establecementos de restauración (epígrafe III.2.5, Orde do 23 de outubro de 2020) da parroquia de Cee na noite do venres, 7 de xullo ao sábado, 8 de xullo, e na noite do sábado, 8 de xullo ao domingo, 9 de xullo.
3º. Autorizar a ampliación en 2 horas sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, do peche dos establecementos de ocio e entretemento (epígrafe III.2.7, Orde do 23 de outubro de 2020) da parroquia de Cee na noite do venres, 7 de xullo ao sábado, 8 de xullo, e na noite do sábado, 8 de xullo ao domingo, 9 de xullo.
4º. Os devanditos establecementos deberán contar co título habilitante correspondente (licenza ou comunicación previa) para o exercicio da actividade.

Deixa un comentario

TurismoCee