Ampliación do horario de peche dos establecementos abertos ao público, así como da finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas durante a Festas de San Cristovo de Codesos
1º. Autorizar a ampliación en 2 horas sobre o horario xeral disposto nos artigos 5 e 7 da Orde do 23 de outubro de 2020, da finalización da festa/verbena popular denominada Festa de San Cristovo de Codesos, que se vai celebrar no lugar de Codesos, da parroquia da Pereiriña, deste termo municipal, na noite do luns, 10 de xullo ao martes, 11 de xullo, co cal, o horario máximo de finalización da verbena os días sinalados será ás 06.00 horas.