Como manda a tradición, o Entroido en Galicia é un momento do ano sinalado e importante. En Cee tamén queremos manter as tradicións con festa para pequenos e maiores e cos tradicionais Desfile e Concurso de Comparsas 2019.
Os pequenos ceenses terán a súa festa o sábado 2 de marzo no Auditorio Baldomero Cores co “Pequeno Gran Show Infantil: AS NOSAS MÚSICAS D´AQUí!”
O turno dos maiores será o martes, 5 de marzo, co Baile de Entroido do Centro Social no que poderán desfrutar da degustación de produtos típicos destas datas.
Por último, xa no sábado de piñata, 9 de marzo, todos estades invitados ao Gran Desfile de Comparsas polas rúas de Cee que comezará ás 16:30h e o posterior Concurso que terá lugar no Polideportivo Municipal.
No Concurso de Entroido haberá 4500€ en premios e o prazo de inscrición vai do 28 de febreiro ao 6 de marzo no Rexistro Xeral do Concello de Cee.
¡O Entroido de Cee é para todos!