Actualizado 16/02/2024: Entroido Cee 2024

O Entroido xa está á volta da esquina. Os días 10, 13 e 17 de febreiro celebrarémolo en Cee por todo o alto. Todo o Entroido en Cee!!

Sábado 10 de febreiro: Concurso de disfraces organizado pola Comisión de Festas da Xunqueira coa colaboración do concello de Cee.

Sesión infantil a partir das 17.00 h.

Sesión adultos a partir das 23.00 h.

Actuación da Disco Móvil CDC (haberá carpa)

Martes 13 de febreiro: Peque Disco Moc Moc

Actuación da Peque Disco Moc Moc no Salón de Actos do concello de Cee de 17.00 a 19.00 h.

Sábado 17 de febreiro: Concurso de disfraces

A partir das 16:30h, Cee encherase de disfraces co Gran Desfile de Comparsas que percorrerán as rúas e logo se realizará o concurso con 5.600 € en premios para as mellores comparsas.

O prazo de inscrición será do 5 ao 14 de febreiro.

Bases para o concurso de disfraces

Bases Concurso de Disfraces Entroido 2024

Actualizado 16/02/2024

Aprobación da listaxe de participantes no concurso de entroido 2024 e publicación da composición do xurado avaliador

 

 

Deixa un comentario

TurismoCee