Programa deportivo municipal de Cee, Verán 2016

Facebooktwittermail

A Concellería de Deportes e Tempo Libre de Cee dirixida por Mª del Carmen Díaz Freire, a través do Servizo de Deportes Municipal, presenta o programa de actividades deportivas para o periodo estival 2016.

A 3ª carreira pedestre, os campus deportivos de diferentes disciplinas (fútbol sala, baloncesto, fútbol, atletismo, patinaxe artística, deportes de contacto, baile deportivo,…) a vela e os eventos puntuais de Deporte para Todos (Día da Bicicleta, Día do Deporte na Rúa, Xornada BTT familar) … serán algunhas das actividades que ocuparán a vila durante este verán.

As inscricións poderanse facer na oficina do Servizo de Deportes Municipal (2º andar Casa do Concello), no tel. 981 745 100 (ext. 3) ou ben no correo-e deportes@cee.gal

Neste enlace pódese descargar o programa completo e a ficha de inscrición.

* Tamén podes descargar aquí a ficha inscrición do II Campus Fútbol Sala F.S.F. Villa de Cee Verán 2016.