Orde do Ministerio de Sanidade de 12 de abril de 2020 pola que se suspenden determinadas actividades relacionadas con obras de intervención en edificios existentes nas que exista risco de contaxio polo COVID-19 para persoas non relacionadas con dita actividade.
Medidas excepcionais en materia de obras de intervención en edificios existentes
- Establécese a suspensión de toda clase de obra que supoña unha intervención en edificios existentes, nos supostos nos que no inmoble no que deban executarse se atopen persoas non relacionadas coa actividade de execución da obra, e que, debido a súa situación permanente ou temporal, ou a necesidades de circulación, e por causa de residencia, traballo ou outras, poidan ter interferencia coa actividade de execución da obra, ou co movemento de traballadores ou traslado de materiais.
- Exceptúanse desta suspensión as obras referidas nas que, por circunstancias de sectorización do inmoble, non se produza interferencia algunha coas persoas non relacionadas coa actividade da obra.
- Así memo, quedan tamén exceptuados os traballos e obras puntuais que se realicen nos inmobles coa finalidade de realizar reparacións urxentes de instalacións e avarías, así como as tarefas de vixilancia.
Entrada en vigor
Data de publicación do citado BOE. 12 de abril de 2020
BOE. Medidas excepcionais en materia de obras de intervención en edificios existentes.
BOE. Suspensión de determinadas actividades relacionadas con obras de intervención en edificios existentes nas que exista risco de contaxio polo COVID-19 para persoas non relacionadas con dita actividade