O dia 12 de maio terá lugar en Cee a “Reunión Intercongresos da Sociedade Galega de Ciruxía Ortopédica e Traumatoloxía”, que reunirá a especialistas de toda Galicia e doutros lugares de España no auditorio Baldomero Cores.
Letras Galegas 2017
O Día das Letras Galegas deste 2017, será adicado a Carlos Casares, un dos autores en lingua galega máis relevantes do S. XX.
Reapertura das comunicacións e autorizacións de queima
A Subdirección xeral de prevención e defensa contra os Incendios forestais informa da reapertura das comunicacións e autorizacións de queima para mañá, martes 9 de maio de 2017 ás 00:00 hs.
A data para realizar unha comunicación de queima comezará, como de costume, dous días despois da comunicación. Polo tanto, o primeiro día hábil para executar unha comunicación de queima será o día xoves 11 de maio de 2017.
Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2017
A Xunta de Galicia volve, un ano máis, a convocar os campamentos de verán para persoas con discapacidade na procura de lograr a súa integración social. O prazo da convocartoria 2017 cerrará o 2 de maio.
“Lembrando a Baldomero Cores”: homenaxe do Concello de Cee. Maio 2017
O Concello de Cee dedicará o mes de maio a Baldomero Cores cunha serie de actos homenaxe que levarán por nome “Lembrando a Baldomero Cores”.
Espectáculo para nenos con Ghazafelhos: “Iriña Bailarina”
O sábado 29 de abril, Teatro dos Ghazafelhos representará en Cee o seu espectáculo “Iriña Bailarina” para nenos maiores de 5 anos.
Axudas indidividuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía e complementarios de asistencia persoal
A Xunta de Galicia ven de convocar as axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía e complementarios de asistencia personal.
Programa de respiro familiar en balnearios “Cuidarelax 2017”
Os meses de xuño, agosto e outubro terá lugar o programa “Cuidarelax 2017” que busca conxugar o apoio aos coidadores de persoas maiores dependentes, coa asistencia a unhas xornadas de fin de semana no balneario onde se xuntan os tratamentos termais, o lecer e a psicoeducación.
Campamentos de Verán 2017. Xunta de Galicia
Espectáculo para crianzas de 0 a 3 anos con Trompicallo: O día que chegou unha nube e choveu
O sábado 22 de abril o Concello de Cee acollerá un novo espectáculo teatral especialmente pensado para crianzas de ata 3 anos. A actividade está limitada a 50 familias (un adulto por cada menor).
Dentro do programa cultural do Concello de Cee e do programa de Normalización Lingüística “Primavera con Apego“, o sábado 22 de abril, Trompicallo presenta unha obra especialmente pensada para crianzas de 0 a 3 anos na que… “Había unha vez, que non había nada, só pedras. Entón chegou unha nube, choveu e formouse un manantial. Coa chegada da auga creceu a herba, e na herba as flores e as árbores, na auga naceros os peixes e as ras, despois chegaron os insectos, as ovellas, o lobo… en fin, a vida. Pero, que acontece cando un día a auga desaparece?”
O espectáculo presentado por Trompicallo, vellos coñecidos do teatro ceense, forma parte do programa “Primavera con Apego” no que se desenvolverán diferentes actividades para a socialización en galego na infancia. É froito da colaboración do Concello de Cee e da Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.
Para conseguir a túa entrada, podes inscribirte no Servizo de Normalización Lingüística do concello (as prazas serán adxudicadas en rigoroso orde de inscrición e terán preferencia as crianzas empadroadas en Cee) ou ben comprala en taquillas, que se abrirá 45 minutos antes da hora prevista de comezo.
“O día que chegou unha nube e choveu” de Trompicallo
Idade: 0 a 3 anos
Data: sábado, 22 de abril
Horario: 18h
Espazo: Auditorio Baldomero Cores
Prezo: 2€ neno e 3€ adulto
