ACTUALIZADO 15/09/2023: Proceso Auxiliar Administrativo/a Notificador/a Interino/a e posterior constitución bolsa

Mediante Resolución da Alcaldía número 770/2023, de data 24 de agosto de 2023, aprobáronse as bases para formación dunha bolsa de emprego para a provisión, mediante funcionario/a interino/a, da praza de Auxiliar Administrativo/a notificador/a, do Concello de Cee, o que se fai público, para o seu coñecemento e aos efectos de presentación de solicitudes.

Bases para a formación dunha bolsa de emprego para a provisión, mediante funcionario/a interino/a, da praza de Auxiliar Administrativo/a Notificador/a do Concello de Cee.

Bases para a formación dunha bolsa de emprego para a provisión, mediante funcionario/a interino/a, da praza de Auxiliar Administrativo/a Notificador/a do Concello de Cee.

Presentación de instancias.

As instancias, dirixiranse a alcaldesa do Concello e presentaranse no Rexistro Xeral, durante o prazo de dez (10) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio ou bases no BOP. Poderán así mesmo remitirse na forma determinada na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Con respecto ás solicitudes que se presenten nalgunha das formas establecidas no artigo 16.4. apartados b), c) e d), deberán comunicar esta circunstancia ao Concello antes do remate do prazo de presentación de instancias mediante o envío da instancia debidamente selada na oficina ou organismo correspondente á conta de correo correo@cee.gal co asunto “PROCESO AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A NOTIFICADOR/A INTERINO/A E POSTERIOR CONSTITUCIÓN BOLSA”. Os aspirantes que non acrediten a presentación da solicitude coa correspondente imposición poderán ser excluídos do procedemento. Esta regra rexerá igualmente para calquera outra documentación que deba presentarse polo interesado nas demais fases do procedemento.

Xunto coa instancia debidamente asinada (ANEXO I) solicitando participar no proceso deberá presentarse a seguinte documentación:

a) Copia documento nacional de identidade (DNI), NIE, pasaporte ou documento equivalente válido en Dereito.

b) Copia título esixible, ou en condicións de obtelo, na data en que termine o prazo de presentación de instancias; a citada titulación será o Graduado en Educación Secundaria Obligatoria ou equivalente.

De tratarse dunha titulación obtida no estranxeiro, deberá achegarse documento que acredite de maneira fidedigna a súa homologación polas autoridades españolas.

c) Copia do certificado de aptitude do Celga 4 ou superior ou do curso de aptitude equivalente ou ben a validación correspondente. No suposto de non posuír este certificado ou título equivalente o aspirante deberá superar a proba de coñecemento do idioma galego establecida nestas bases.

ACTUALIZADO 15/09/2023

Publicación do decreto de listas de admitidos-excluídos e nomeamento do tribunal. 

Publicación do decreto de listas de admitidos-excluídos e nomeamento do tribunal. 

Prazo de dez días hábiles para reclamacións e corrección das deficiencias sinaladas

 

 

Deixa un comentario

TurismoCee