ANUNCIO: Aprobación inicial da Modificación da Ordenanza Reguladora da Taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, tablados e outros elementos análogos con fins lucrativos

ANUNCIO
Aprobada inicialmente en sesión ordinaria do Pleno deste Concello, con data do 26.06.2020, a Modificación da Ordenanza Reguladora da Taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, tablados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa (BOP nº 299 do 31.12.1998), no seguinte senso:
Introducir unha Disposición Transitoria na presente ordenanza, quedando redactada nos seguintes termos:
Disposición Transitoria Única. Medidas Covid-19
1.- Desde a entrada en vigor da presente disposición transitoria ata o 31 de decembro de 2021, a presente taxa non
será esixible ao feito impoñible derivado da realización de ocupacións de terreo de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, tablados e outros elementos análogos.
2.- Procederá a devolución do importe correspondente da taxa devengada e pagada e derivada das autorizacións de
ocupación a que refírese o punto anterior, polo período autorizado posterior á entrada en vigor da presente disposición transitoria.
De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, este
expediente sométese a información pública e audiencia dos interesados durante un prazo de trinta días, contado desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, para a presentación de reclamacións e suxestións.
Se transcorrido o prazo de información pública non se presentou ningunha reclamación ou suxestión, entenderase
definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional.

Cee, 29 de xuño de 2020
Alcaldesa
Margarita Lamela Louzán.

Aprobación inicial da Modificación da Ordenanza Reguladora da Taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, tablados e outros elementos análogos con fins lucrativos

Aprobación inicial da Modificación da Ordenanza Reguladora da Taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, tablados e outros elementos análogos con fins lucrativos

 

Deixa un comentario