Bando. Limpeza de fincas e solares e prevención de incendios forestais 2024

En cumprimento da Lei 3/2007 de prevención de incendios forestais, e da Ordenanza reguladora de xestión de biomasa e distancia das plantacións do Concello de Cee (BOP 226 do 28/11/2019), comunicase que se vostede é titular/propietario de solares ou parcelas situadas en solo urbano, urbanizable e núcleo rural, ten a obriga de mantelas nun axeitado estado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada antes do día 31 de maio de cada ano e do seguinte xeito:

Primeiro.-Se a parcela se atopa dentro dunha franxa perimetral de 50 metros ao solo urbano, urbanizable delimitado e de núcleo rural, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais, situadas a menos de 400 metros do monte deberán estar limpas (artigo 21 da Lei 3/2007)
Segundo.-No interior do núcleo de poboación e na totalidade da franxa de protección de 50 metros dende a liña que delimita urbanísticamente os núcleos, non poderá haber as especies sinaladas na disposición adicional terceira da presente lei como son piñeiros, eucaliptos, acacias, toxos, fentos, mimosas, xestas, carqueixa, piorno, carrasca (queiruga), silvas.
Terceiro.- Os solares e parcelas incluidas dentro do solo urbano e de solo urbano no núcleo rural deberán de esta limpos de acordo co artigo 6º da citada Ordenanza municipal que establece:

“As persoas responsables terán a obriga de xestionar a biomasa das fincas incluídas en solo urbano, urbanizable ou de núcleo rural conforme aos criterios establecidos nesta Ordenanza, así como mantelas nas debidas condicións de seguridade e salubridade, debendo proceder a súa desinfección e desratización periódica. ”

Cuarto.-No suposto de incumprimento do disposto anteriormente o Concello, de oficio ou por solicitude de interesado, enviará á persoa responsable unha comunicación na que se lle lembrará a súa obriga de xestión e limpeza da biomasa vexetal e arbórea e para facelo se lle concederá un prazo máximo de 15 días naturais, ou de tres meses no caso de franxas laterales das vías de comunicación, contado dende a recepción da comunicación.
Quinto.-O incumprimento desta obriga, transcorridos os devanditos prazos, determinará a incoación do correspondente expediente sancionador, coa imposición de sancións segundo o determinado no artigo 50 da Lei 3/2007 en relación co Título VII da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, e no caso do dos solares e parcelas en solo urbano e solo urbano no medio rural de acordo co establecido na Ordenanza reguladora no seu capítulo IV sobre a cualificación de infracións e cadro de sancións.
Sexto.-Lémbrase que a administración pode repercutir os gastos da extinción dun incendio ás persoas reponsables de non cumprir coa obriga de limpeza e xestión da biomasa vexetal e polo incumprimento das distancias mínimas, segundo as mencionadas Leis 3/2007, 43/2012 e 7/2012, de prevención de incendios forestais e de montes de Galicia.
Xa que logo, INFORMO E COMUNICO DA OBRIGA de que as parcelas situadas dentro das franxas de protección a que se refiren os apartados anteriores estean limpas de maleza e desbrozadas denantes do día 31 de maio de cada ano e do xeito que se determina.

*O Concello comezará a campaña de vixiancia e inspección a partir do 30 de xuño para cumprobar o cumprimento efectivo de dita lei e asimesmo evitar ou minimizar os danos que se poidan producir polos incendios forestais.

BANDO. Limpeza de fincas e solares e prevención de incendios forestais 2024.

 

Deixa un comentario

TurismoCee