O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reuniuse esta mañá coa alcaldesa, Margot Lamela, para presentar as últimas axudas do goberno concedidas ao noso concello // O investimento acada 1,8 millóns de euros.
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, presentou coa alcaldesa de Cee, Margot Lamela as últimas axudas do goberno concedidas ao concello de Cee.
O concello de Cee logra unha subvención do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio por importe de 1.057.979,36 € para a reforma integral do mercado municipal de Cee.
A inversión ascende a 1.322.474,19 €, financiada ao 80 % por fondos europeos, enmarcado dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.
É un proxecto integral de mellora do mercado municipal de Cee que beneficiará ao 100% das actividades comerciais desenvoltas no centro urbano ceense, que engloba as seguintes actuacións:
TRANSFORMACIÓN DO PUNTO DE VENTA, que inclúe a reforma interior e exterior do edificio:
- Creación dun espazo gastronómico na planta baixa que permita a degustación e a promoción do produto local
- Instalación de ascensor e adecuación do espazo da planta alta para zona de descanso e de promoción do camiño de Santiago, creando áreas de exposición e un posto de artesanía,
- Unificación da imaxe exterior dos postos de venta
- Creación de zonas de descanso (ecoislas)
- Mellora da envolvente térmica do edificio (teito, paredes, portas e fiestras) mellorando o illamento térmico e acústico.
- Instalación de paneis fotovoltaicos na cuberta e substitución da iluminación actual por outra mais eficiente.
- Apertura de novos ocos ao exterior integrándoo coa contorna, mellora de accesibilidade da entrada principal e traseira, mellora da zona de carga e descarga,…
DIXITALIZACIÓN do comercio local, que inclúe:
- Creación dunha plataforma web-APP que dará visibilidade e acceso á venta multicanle, con actividades de formación e mentorización.
- Creación de contidos dixitais, escaparate virtual, red wifi na área comercial
- Control de turnos dixital no mercado municipal, etc.
SOSTIBILIDADE E ECONOMÍA CIRCULAR coa instalación de consigna/taquillas refrixeradas a disposición do comercio local, carros de compra, etc.
FORMACIÓN, realización de talleres de formación para o comercio local para impulsar a dixitalización e mellorar a súa rentabilidade.
Lembrar tamén que no mes de abril de 2023, o concello de Cee conseguía unha axuda de mais de 500.000 € do Ministerio de Sanidade a través da Rede de Cidades Saudables para rehabilitar a contorna do colexio público Vila de Cee e habilitar novos itinerarios peonís que contribuirán a promocionar estilos de vida saudables. Unha axuda que se solicitou no mes de decembro de 2022 polo goberno presidido por Margot Lamela a través da FEMP, ao amparo do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e que actualmente se atopa en adxudicación.