ACTUALIZADO 01/03/2021. Bolsa de emprego traballador/a social en supostos de ausencia, incapacidade e situacións análogas da titular

BASES PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A SUBSTITUCIÓN DO POSTO TRABALLADOR/A SOCIAL EN SUPOSTOS DE AUSENCIA, INCAPACIDADE E SITUACIÓNS ANÁLOGAS DA TITULAR

Obxecto da convocatoria.

É obxecto das presentes bases regular o proceso de selección dun traballador/a social para substitución en supostos
de ausencia, incapacidade e situacións análogas da titular do posto, creándose unha bolsa de traballo da que formarán parte aqueles/as aspirantes que fosen seleccionados, co fin de cubrir ditas necesidades.
A selección de traballador/a será para o desenvolvemento das funcións e tarefas específicas da especialidade profesional correspondente (persoal laboral fixo, Ttitulados grado medio, nivel salarial II)
A bolsa de emprego non xerará por si mesma dereito algún fronte ao Concello e, por tanto, non producirá relación xurídica algunha co mesmo. Só ten o efecto de poder ser chamado polo Concello segundo a orde obtida na bolsa de emprego, en caso de necesidade.

Presentación de instancias.

As instancias dirixiranse á Alcaldesa do Concello de Cee e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de 9 a 13.30
horas, situado na rúa Domingo Antonio de Andrade, s/n, 15270 Cee, A Coruña, ou na forma prevista nas Leis 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación das Bases no BOP, nos modelos normalizados que figuran como anexos a estas bases.
Non obstante, no caso de non presentarse a instancia no rexistro xeral do Concello, deberá anticiparse a presentación da solicitude de participación, a través de calquera medio que permita deixar constancia (email: correo@cee.gal…) que deberá ter entrada no Concello antes de que remate o prazo e hora fixados como o último día para a presentación de solicitudes.

Bases íntegras da convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego para a substitución posto de traballador/a social en supostos de ausencia, incapacidade e situacións análogas da titular

Bases íntegras da convocatoria para a formación dunha bolsa de emprego para a substitución posto de traballador/a social en supostos de ausencia, incapacidade e situacións análogas da titular

Anexos I e II Bolsa de Emprego Traballador/a Social

Anexos I e II Bolsa de Emprego Traballador/a Social

Prazo de presentación de instancias: do 25 de setembro de 2020 ao 8 de outubro de 2020 

Actualizado 23/10/2020

Aprobación da Listaxe Provisional de admitidos/excluídos bolsa de emprego para a substitución do posto de Traballador/a social en supostos de ausencia, incapacidade e situacións análogas da titular.

Aprobación da Listaxe Provisional de admitidos/excluídos bolsa de emprego para a substitución do posto de Traballador/a social en supostos de ausencia, incapacidade e situacións análogas da titular.

As alegacións poderán presentarse dende o 26/10/2020 ata o 06/11/2020, ambos incluídos, no Rexistro xeral do Concello ou por calquera dos medios que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Actualizado 23/11/2020

Anuncio relativo ao proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego no Concello de Cee, para a substitución do posto de traballador/a social

Anuncio relativo ao proceso de selección para a formación dunha bolsa de emprego no Concello de Cee, para a substitución do posto de traballador/a social en supostos de ausencia, incapacidade e situacións análogas da titular aprobadas por Resolución da Alcaldía n.º 665/2020 de data 19 de setembro de 2020

Actualizado 30/12/2020

Aprobación da listaxe definitiva de admitidos/excluídos e convocatoria para a fase de oposición para a substitución do posto de traballador/a social

Aprobación da listaxe definitiva de admitidos/excluídos e convocatoria para a fase de oposición para a substitución do posto de traballador/a social

Convocar aos aspirantes admitidos para a celebración da proba da fase de oposición que terá lugar o xoves, 14/01/2021, no 3º andar da Casa da Cultura de Cee, ás 10:00 horas. Os aspirantes deberán asistir provistos do seu DNI (orixinal) e máscara por prevención ante a COVID-19

Actualizado 22/01/2021

Puntuacións do proceso selectivo para o substitución do posto de traballador/a social

Puntuacións do proceso selectivo para o substitución do posto de traballador/a social

As alegacións poderán presentarse dende o 25/01/2021 ata o 05/02/2021, ambos incluídos, no Rexistro xeral do Concello ou por calquera dos medios que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Actualizado 01/03/2021

Resolución lista definitiva e aprobación bolsa traballadora social

Resolución lista definitiva e aprobación da bolsa de traballadora social

Deixa un comentario

TurismoCee